Se queres formar parte da economía social cambiando a forma xurídica da túa empresa ou asociándote con outras persoas autónomas podes acollerte a este programa de axudas.
As subvencións Xempre Emprendemento diríxense ás persoas traballadoras autónomas e ás pequenas e medianas empresas, incluídas as cooperativas e sociedades laborais, que estean de alta e iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2020 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Este Programa ten como obxectivo a incorporación sistemática das TIC á actividade habitual das pemes, integrando ferramentas competitivas chave na súa estratexia e maximizando as oportunidades que ofrecen para mellorar a súa produtividade e competitividade.
Axudas financiadas ao 100% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), para o impulso e o desenvolvemento da industria cultural e creativa galega ao abeiro do programa Hub da Industria Creativa Galega. (Código de procedemento CT207H).
O Goberno, por medio do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, lanza o programa Kit Dixital, enmarcado non Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, a axenda España Dixital 2025 e o Plan de Dixitalización de Pemes 2021-2025, financiado pola Unión Europea – Next Generation.
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AXENTES DIXITALIZADORES
O concello de Fornelos de Montes, presta apoio inmediato ás persoas autónomas e empresas co obxectivo de para minimizar o dano económico causado pola crise sanitaria da COVID-19 na economía local e contribuír, unha vez finalizada a alarma sanitaria, á reactivación da economia.