BONO KIT DIXITAL DIRIXIDO A PEMES E AUTÓNOMOS

O Goberno, por medio do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, lanza o programa Kit Dixital, enmarcado non Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, a axenda España Dixital 2025 e o Plan de Dixitalización de Pemes 2021-2025, financiado pola Unión Europea – Next Generation. ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AXENTES DIXITALIZADORES

Bono kit digital dirixido a pemes e autónomos coa fin de acompañalos no seu proceso de transformación dixital, para que grazas á tecnoloxía poidan evolucionar e mellorar no seu negocio. 

Neste, tamén poden inscribirse aquelas empresas ou negocios que queiran ser prestadoras de servizos como axentes dixitalizadores. 

O seu obxectivo baséase na concesión bonos de axudas económicas que permitan acceder a un gran catálogo de solucións dixitais e a axentes dixitalizadores que che ofrecen estes servizos, tendo que escoller aqueles que millor se adpaten a cada empresa: 

  • Sitio web
  • Comercio electrónico 
  • Xestión de redes sociais 
  • Xestión de clientes e /ou provedores 
  • Intelixencia empresarial e analítica
  • Servizos e ferramentas de oficinas virtuais 
  • Xestión de procesos 
  • Factura electrónica 
  • Comunicacións seguras
  • Ciberseguridade online

REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS: 

  • Ser unha pequena empresa, microempresa ou autónomo. 
  • Cumprir os límites financeiros e efectivos que definen as categorías de empresas. 
  • Estar en situación de alta e ter a antigüidade mínima que se establece por convocatoria. 
  • Non ter consideración de empresa en crise. 
  • Estar ao corrente das obrigacións tributarias e fronte á Seguridade Social.
  • Non estar suxeita a unha orde de recuperación pendente da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común. 
  • Non incorrer en ningunha das prohibicións previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións. 
  • Non superar o límite de axudas minimis.

COMO SOLICITAR O TEU BONO KIT DIXITAL

  1. Rexistrarse na área privada (https://acelerapyme.gob.es/registro-pyme) e completar o test de diagnóstico dixital (https://acelerapyme.gob.es/quieres-conocer-el-grado-de-digitalizacion-de-tu-pyme)
  2. Consulta a información dispoñible das solucións de dixitalización que se atopan á túa disposición polo programa Kit Dixital.
  3. Proximamente poderás acceder aos trámites para solicitar o bono Kit Dixital.

GASTO SUBVENCIONABLE

O importe máximo a percibir por cada empresa, varía en base ao número de empregados da mesma, quedando clasificados da seguinte forma:

  • Segmento I. Pequenas empresas de entre 10 e menos de 50 empregados: 12.000 €
  • Segmento II. Pequenas empresas ou Microempresas de entre 3 e menos de 10 empregados:  6.000 €
  • Segmento III. Pequenas empresas ou Microempresas de entre 1 e menos de 3 empregados e persoas en situación de autoemprego 2.000 €

Solucións  dixitais a  elexir: importe máximo en función do segmento correspondente a cada empresa/número máximo de usuarios. 

  • Sitio web: ata 2.000€
  • Comercio electrónico: ata 2.000€
  • Xestión de redes sociais: ata 2.500€
  • Xestión de clientes e/ou provedores: ata 4.000€
  • BI e analítica: Ata 4.000€
  • Servizos de oficina virtual: Ata 12.000€ (250€ por usuario)
  • Xestión de procesos: Ata 6.000€
  • Factura electrónica: Ata 1.000€
  • Comunicacións seguras: Ata 6.000€ (125€ por usuario)
  • Ciberseguridad: Ata 6.000€ (125€ por usuario)

AXENTES DIXITALIZADORES

Os axentes dixitalizadores aportarán as solucións e os servicios tecnolóxicos que precisan as pymes e los autónomos beneficiarios do programa Kit Digital para avanzar na dixitalización dos seus negocios. 

A participación como axente dixitalizador habilitate para suscribir acordos de colaboración cos beneficiarios das axudas do programa e acompañalos nos procesos de transformación dixital, implementando solucións tecnolóxicas.

Para convertirte en Axente dixitalizador debes seguir os seguintes pasos:

  1. Accede ao formulario de adhesión na sede electrónica de Red.es (www.acelerapyme.es).
  2. Completa tódoslos pasos do formulario, indicando as categorías de solucións para as que solicitas adhesión.
  3. Publicita os teus servizos nos teus canles e suscribe os acordos de prestación de solucións dixitais cos beneficiarios do programa.

Requisitos

  • Ter domicilio fiscal en España. 
  • Ter una antigüidade mínima de 2 anos no desenvolvemento da sua actividade. 
  • Ter alcanzado unha facturación de 100.000 € nalgún dos dous últimos exercicios.
  • Estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridad Social. 
  • Non tener consideración de empresa en crisis. 
  • Ter condición de empresa, segundo a definición que figura no Anexo I do Regulamento(UE) n.º 651/2014 da Comisión, de 17 de xuño de 2014. 

2 comentarios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *