O Bono kit dixital é un programa do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital dirixido a pemes e autónomos para acompañalos no seu proceso de transformación dixital para que grazas á tecnoloxía poidan evolucionar e mellorar no seu negocio.
Actualmente pode solicitar axudas ó Segmento I e ó Segmento II.
Acabase de publicar a terceira convocatoria de axudas destinadas á dixitalización de pequenas empresas entre 0 e menos de 3 empregados e persoas en situación de autoemprego (segmento III).
No segmento III o prazo de presentación das solicitudes a través da sede electrónica de Red.es comenza o 20 de outubro ás 11 horas e manterase aberto durante 12 meses.
O importe máximo da axuda por beneficiario será de dous mil euros (2.000€), ó estar dirixidas únicamente o Segmento III.
O seu obxectivo baséase na concesión de bonos de axudas económicas que permitan acceder a un gran catálogo de solucións dixitais e a axentes dixitalizadores que che ofrecen estes servizos, tendo que escoller aqueles que mellor se adapten a cada empresa:
- Sitio web.
- Comercio electrónico.
- Xestión de redes sociais.
- Xestión de clientes e /ou provedores.
- Intelixencia empresarial e analítica.
- Servizos e ferramentas de oficinas virtuais.
- Xestión de procesos.
- Factura electrónica.
- Comunicacións seguras.
- Ciberseguridade online.
Como dato de interese, no Segmento I concedéronse máis de 22.000 axudas e rexistráronse case 70.000 solicitudes.
Na actualidade o catálogo de axentes dixitalizadores está composto por mais de 9.000 axentes adheridos. O prazo de adhesión continuará aberto durante a duración de todo o programa.
Podes consultar ademais o catálogo de axentes dixitalizadores e as solucións que xestiona cada un premendo aquí.
Beneficiarias
Segue aberto o prazo para solicitar as solucións dixitais por parte das empresas interesadas para:
- SEGMENTO I, é decir, aquelas que estean formadas por un número de entre 10 e menos de 50 traballadores.
- SEGMENTO II, é dicir, aquelas que estean formadas por un número de entre 3 e 10 traballadores.
- SEGMENTO III, é decir, aquelas pequenas empresas ou microempresas entre 0 e menos de 3 empregados e persoas en situación de autoemprego. O importe máximo de axuda por beneficiario será de dous mil euros ( 2.000 €).
Prazo
O prazo no:
- Segmento I finaliza o 15 de marzo do 2023 ás 11:00 horas.
- Segmento II finaliza o 2 de setembro de 2023 ás 11:00 horas.
- Segmento III a fecha de inicio da presentación das solicitudes é o 20 de octubre ás 11:00 horas e finaliza o 20 de octubre do 2023 ás 11:00 horas.
Mais Información
As empresas do Segmento III poden rexistrarse na área privada e completar o test de diagnóstico dixital.