XEMPRE EMPRENDEMENTO ANUALIDADE 2022

As subvencións Xempre Emprendemento diríxense ás persoas traballadoras autónomas e ás pequenas e medianas empresas, incluídas as cooperativas e sociedades laborais, que estean de alta e iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2020 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

As subvencións Xempre Emprendemento diríxense ás persoas traballadoras autónomas e ás pequenas e medianas empresas, incluídas as cooperativas e sociedades laborais, que estean de alta e iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2020 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia

A finalidade é facilitar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica, a súa competitividade e, en definitiva, manter os empregos de calidade, a través do apoio ao financiamento do investimento realizado e pagado entre o 1 de xaneiro de 2022 ata a data da presentación da solicitude.

BENEFICIARIAS

  1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas traballadoras autónomas e as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, e as sociedades cooperativas e laborais de entre as previstas no artigo 6 da Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia, que estean de alta e iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2020, segundo se establece no artigo 1.
  2. As persoas interesadas deberán cumprir os seguintes requisitos:
  • Ter o domicilio fiscal en Galicia.
  • Figurar inscritas como tales nos correspondentes rexistros administrativos da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter presentado, de ser o caso, as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil ou no Rexistro de Cooperativas, segundo corresponda á súa forma xurídica.
  • Ter iniciada a súa actividade económica no período que transcorre entre o 1 de xaneiro de 2020 ata a data de presentación da solicitude.
  • Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
  • Estar ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social para obter subvencións.
  • Non teren sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.

GASTO SUBVENCIONABLE

Serán subvencionables os investimentos que correspondan de xeito indubidable ao proxecto empresarial que iniciou a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2020. En concreto:

  1. Equipamento informático: para os efectos desta orde, os aparellos electrónicos e servizos anexos que posibiliten unha maior eficiencia no procesamento, almacenamento e visualización da información. Considéranse as tabletas, ordenadores persoais de sobremesa, ordenadores portátiles ou similares, equipamentos de rede, servidores, conexión á internet, escáneres e similares, sempre que se destinen exclusivamente ao desenvolvemento da actividade económica da persoa solicitante. En ningún caso se consideran subvencionables os teléfonos móbiles e smartphones.
  2. Activos intanxibles: Os que  non teñan unha materialización física ou financeira: : adquisición da propiedade ou do dereito ao uso de programas informáticos, incluída a subscrición a software estándar do mercado durante o período subvencionable, os gastos de creación e desenvolvemento de programas informáticos á medida e páxinas web, sempre que a súa utilización estea prevista durante varios exercicios, e as patentes, as licenzas e os coñecementos técnicos ou outros dereitos de propiedade intelectual.
  3. Investimentos en eficiencia enerxética: Produtos e instalacións que reduzan o consumo enerxético, o cambio de sistemas de iluminación ou cambios de maquinaria e instalacións. Investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos: o cambio de máquinas e instalacións de enerxías fósiles a enerxías limpas.
  4. Adquisición de bens de equipamento e mobiliario: maquinaria, bens de equipo ou ferramentas mediante as cales se mellore o proceso produtivo, equipos e medios de transporte interno, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento incluído o mobiliario, conxunto de mobles que serven para a actividade normal da empresa, como mesas, cadeiras, andeis, mostradores e vitrinas.
  5. Reforma e habilitación das instalacións do local do negocio: Reparacións, decoracións ou ornatos (incluída a rotulación) que non modifican a estrutura construtiva do local. Respecto das decoracións e ornatos, incluída a rotulación do local.
  6. A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipamento de segunda man serán subvencionables sempre que cumpran os requisitos establecidos no artigo 6 da orde.

Os investimentos terán que estar realizados e pagados dentro do prazo de execución, que abrangue desde o 1 de xaneiro de 2022 ata a data da presentación da solicitude.

CONTÍA

A contía da axuda terá as seguintes porcentaxes de intensidade en función do rango de investimento total realizado:

  1. Con investimentos de 5.000 € ou máis ata un límite de 10.000 €, a contía da axuda será do 60 % do investimento.
  2. Con investimentos de 10.001 € ou máis ata un límite de 30.000 €, a contía da axuda será do 50 % do investimento.
  3. Con investimentos de 30.001 € ou máis ata un límite de 50.000 €, a contía da axuda será do 40 % do investimento.
  4. Con investimentos de 50.001 € ou máis ata un límite de 100.000 €, a contía da axuda será do 30 % do investimento.

PRAZO MÁIS INFORMACIÓN

O prazo de presentación de solicitudes comenzará ás 13.00 horas do 4 de outubro de 2022 e será dun mes (tendo en conta o disposto na disposición derradeira segunda), agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Para máis información podes consultar a ORDE do 29 de setembro de 2022 ou a Sede Electronica da Xunta (TR880A)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *