AXUDAS AO SECTOR AUDIOVISUAL GALEGO

Axudas financiadas ao 100% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), para o impulso e o desenvolvemento da industria cultural e creativa galega ao abeiro do programa Hub da Industria Creativa Galega. (Código de procedemento CT207H).

BENEFICIARIOS

Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (traballadoras autónomas) ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes sempre que:

  • Estén dadas de alta cunha antigüidade mínima, e sen interrupcións, dun ano.
  • Conten cunha sucursal ou oficina permanente de polo menos un ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.
  • Asuman a iniciativa e a responsabilidade na produción audiovisual e non sexa obxecto de influencia dominante por parte dun prestador de servizo de comunicación/difusión audiovisual nin dun titular de canle televisivo privado nin, pola súa parte, exerza unha influencia dominante.
  • Que posua os dereitos suficientes de propiedade intelectual do concepto, tema, tratamento, guión ou biblia dos contidos que se presentan ou os dereitos de adaptación cando se trate de obras preexistentes. No caso de existir acordos de codesenvolvemento entre empresas produtoras, aceptarase unha repartición equitativa de dereitos entre as mesmas.
  • Teñan un acordo ou precontrato cun director e/ou guionista para o desenvolvemento de cada un dos proxectos que integran o paquete de propostas.
  • Estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme).

Segundo o número de proxectos que integra o paquete, deberanse dar as seguintes condicións, tendo en conta que o beneficiario só poderá obter subvención por un único paquete de propostas:

  • Para paquetes de 4 ou 5 proxectos, a entidade beneficiaria deberá ter producido desde o ano 2015 polo menos unha obra previa que cumpra algún dos seguintes requisitos:
    • Longametraxe cinematográfica estreada en salas comerciais nacionais cun mínimo de 20.000 espectadores e con distribución internacional nun mínimo de 2 países. Non serán consideradas as presentacións en festivais de cinema.
    • Longametraxe cinematográfica cuxa estrea principal se realizase nalgún dos festivais internacionais de cinema que se relacionan no anexo VI.
    • Series de ficción para TV ou plataforma dun mínimo de 150 minutos que fosen emitidas nun mínimo de dous países, ademais de en España.
    • Series de animación e series documentais para TV ou plataforma dun mínimo de 100 minutos con emisión nun mínimo de dous países, ademais de en España.
    • Obras en réxime de coprodución internacional.
  • Para paquetes de 3 proxectos deberase cumprir co seguinte:
    • Acreditar no historial a produción dunha obra audiovisual en formato longametraxe cinematográfica, ou serie de ficción dun mínimo de 150 minutos, ou serie de animación dun mínimo de 100 minutos.
    • Designar unha persoa responsable da coordinación das tarefas de desenvolvemento do conxunto de proxectos con experiencia acreditada na produción executiva de, polo menos, unha obra que cumpra algún dos requisitos establecidos na letra a) anterior.

GASTO SUBVENCIONABLE

Os gastos subvencionables son aqueles que se encontren directamente relacionados cos traballos de desenvolvemento dos diferentes proxectos que integran o paquete de propostas, e que se poidan encadrar nas seguintes: Dereitos, Gastos de personal, Gastos de asesoría ou consultoría, Gastos de elaboración de materiais, Loxística e participación en mercados e/ou foros de negocio, Gastos xerais.

Serán subvencionables aqueles gastos que fosen realizados e pagados desde o día seguinte á presentación da solicitude ata o 15 de xuño de 2023.

A contía máxima de axuda por solicitude é de 150.000 €. Tamen se establecen as seguintes:

  • Obras cinematográficas
    • Animación: 30.000 €
    • Ficción: 25.000 €
    • Documental: 15.000 €
  • Obras audiovisuais para TV e plataformas
    • Animación ou ficción: 30.000 €
    • Documental: 20.000 €

PRAZO

O prazo de presentación das solicitudes será ata o 25 de marzo de 2022.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información podes consultar a RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o desenvolvemento de paquetes de propostas audiovisuais que favorezan a recuperación económica do sector ao abeiro do programa Hub da Industria Creativa Galega ou a Sede Electrónica da Xunta (CT207H)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *