AXUDAS PARA A PRODUCCIÓN DE LONGAMETRAXES SOBRE PROXECTO 2025

O Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) abre a convocatoria 2025 de axudas xerais para a produción de longametraxes sobre proxecto. Esta liña busca fomentar un tecido industrial cinematográfico sólido, diverso e innovador, apostando especialmente por proxectos liderados por mulleres, de animación e de especial valor cultural.

Estas axudas teñen como finalidade apoiar proxectos de produción cinematográfica e contribuír ao fortalecemento do tecido industrial do sector audiovisual e facilitar o desenvolvemento da súa actividade nun mercado aberto e competitivo.

Beneficiarios 

  1. Empresas produtoras independentes

Incluíndo as agrupacións de interese económico (AIE), segundo a definición do artigo 4.n) da Lei 55/2007, do 28 de decembro, do Cine.

  1. Empresas produtoras non independentes

Sempre que:

  1. Realicen coproducións con produtoras independentes.
  2. A súa participación non supere o 60% da titularidade do proxecto.
  3. Non exerzan como produtora xestora da agrupación.

Requisitos adicionais:

  • Ter residencia legal ou establecemento en España no momento da percepción da axuda.
  • Ser titular dos dereitos de propiedade da obra audiovisual.
  • Cumprir a normativa sobre inclusión de persoas con discapacidade e ter contratada, como mínimo, unha persoa con discapacidade do 33% ou máis.
  • Comprometerse a que, polo menos, o 50% do orzamento recoñecido se realice en España ou beneficie profesionais ou servizos de nacionalidade española.
  • No caso de agrupacións de empresas (coproducións): Deberán formalizar un acordo normalizado onde consten: os compromisos de execución, os porcentaxes de participación e titularidade sobre a obra e a designación da produtora xestora, que debe asumir o maior compromiso de execución.

Exclusións:
Unha mesma empresa ou grupo vinculado só poderá obter ata 3 axudas por exercicio, ou 4 se unha delas é unha coprodución internacional con participación española minoritaria.

A axuda total que reciba unha empresa (ou grupo vinculado) non pode superar o 10% da dotación global da convocatoria.

Actividades subvencionables

As axudas teñen por obxecto financiar os custos de produción de proxectos de longametraxes, en calquera das súas modalidades creativas: ficción, documental ou animación.

– Actividades dirixidas ao público:

  • Representacións escénicas e musicais.
  • Proxeccións audiovisuais.
  • Exposicións.
  • Publicacións e edicións.
  • Actividades de pensamento e reflexión (conferencias, congresos, seminarios, etc.).

– Actividades de apoio ao sector cultural:

  • Investigación.
  • Formación.
  • Conservación e recuperación do patrimonio cultural.

– Programas plurianuais: admítense proxectos cunha duración superior a un ano, sempre que se xustifique a súa estrutura temporal e se detalle o orzamento por anualidades.

– Proxectos en colaboración: valóranse especialmente os proxectos realizados en cooperación entre varias entidades, mesmo de diferentes territorios do Estado.

Contía 

A contía da axuda é a seguinte:

  • 1.000.000 € para proxectos de longametraxes. 
  • 1.200.000 € no caso de proxectos de animación.

Siempre que dicho importe no supere el 50% del coste reconocido al largometraje por el ICAA.

Prazo 

Dende o 26/07/2025 ata o 05/08/2025.

Máis información

Consulta a Resolución de 11 de julio de 2025 de la Dirección General del Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales, O.A., por la que se convocan para el año 2025 ayudas generales para la producción de largometrajes sobre proyecto.

Acceder ao procedemento de tramitación:

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *