Categoría Axudas e subvencións

DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DE PROGRAMACIÓN MUSICAL NA REDE GALEGA DE MÚSICA AO VIVO

Convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de programación musical na Rede galega de música ao vivo en salas privadas habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais con público, dentro da programación do Xacobeo 21-22, par contribuír á promoción da actividade musical, fornecendo a Rede galega de música ao vivo.
Continuar leyendoDESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DE PROGRAMACIÓN MUSICAL NA REDE GALEGA DE MÚSICA AO VIVO

AXUDAS PARA PROXECTOS DE DIXITALIZACIÓN «ÚLTIMA MILLA»

Por medio destas axudas preténdese mobilizar aqueles proxectos singulares e transformadores que cubran procesos e produtos facilmente escalables e replicables cunha clara orientación ao usuario final e que conteñan, entre outros, melloras na dixitalización e intelixencia aplicados á xestión, promoción, posta en valor e difusión para destinos e sector turístico.
Continuar leyendoAXUDAS PARA PROXECTOS DE DIXITALIZACIÓN «ÚLTIMA MILLA»

AXUDAS DESTINADAS A NOVOS PROXECTOS EMPRESARIAIS DE EMPRESAS INNOVADORAS (Programa NEOTEC)

As axudas financiarán a posta en marcha de novos proxectos empresariais, que requiran o uso de tecnoloxías ou coñecementos desenvolvidos a partir da actividade investigadora e nos que a estratexia de negocio se base no desenvolvemento de tecnoloxía. Así mesmo, prímase a incorporación de persoas con grao de doutor á empresa para reforzar as súas capacidades de absorción e xeración de coñecemento.
Continuar leyendoAXUDAS DESTINADAS A NOVOS PROXECTOS EMPRESARIAIS DE EMPRESAS INNOVADORAS (Programa NEOTEC)

AXUDAS PARA ACCIÓNS FORMATIVAS CON COMPROMISO DE CONTRATACIÓN

Estas axudas terán como finalidade o financiamento de programas de formación con compromiso de contratación destinados á cualificación profesional das persoas traballadoras desempregadas, e estarán dirixidos á adquisición e mellora das competencias profesionais necesarias para o desempeño dos postos de traballo obxecto da contratación
Continuar leyendoAXUDAS PARA ACCIÓNS FORMATIVAS CON COMPROMISO DE CONTRATACIÓN