A Xunta de Galicia está a poñer en marcha un proxecto para acompañar ao comercio de proximidade na súa reactivación, impulsando a súa competitividade a través de iniciativas que permitan a súa modernización e incentiven o consumo.
- As persoas consumidoras disporán dun único bono, que poderá ser usado nun ou varios dos comercios adheridos.
- Cada bono terá un valor de 30 €. En función do importe con IVE incluído , poderán obterse os seguintes descontos:
- Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.
- Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.
- Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 €.
Para as persoas usuarias os bonos estarán dispoñibles para súa descarga dende o 24 de outubro ata o 31 de decembro de 2022 e poderán utilizarse ata o 31 de decembre de 2022.
ALTA E REQUISITOS DOS COMERCIOS PARA ADHESIÓN O PROGRAMA
Poderán adherirse ao programa de bonos Activa comercio os establecementos que cumpran os seguintes requisitos:
- Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia.
- Que sexan persoas empresarias autónomas ou pequenas e medianas empresas.
- Que estean dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE, recollidos no ANEXO I desta orde.
Os establecementos comerciais retallistas que desexen adherirse ao programa de bonos Activa comercio deberán rexistrarse na web www.bonosactivacomercio.gal e descargar a aplicación.
Non será aplicable o troco dos bonos para as compras online.
OBRIGAS
Os establecementos comerciais adheridos ao programa de bonos Activa comercio adquirirán as seguintes obrigas:
- Anunciar no exterior do establecemento a adhesión ao programa mediante a colocación dos correspondentes materiais publicitarios que indica a orde.
- Facer o desconto directo dos bonos nos tíckets ou facturas de compra emitidos, de xeito que as persoas usuarias non cheguen a realizar, o desembolso do importe descontado.
- Especificar na zona de caixa a política de devolución.
- Someterse ás actuacións de comprobación e vixilancia necesarias por parte da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.
- Conservar durante un ano todos os tíckets ou facturas de compra xustificativas da aplicación dos bonos.
- Custodiar as claves de acceso á plataforma para evitar un uso indebido, e non facilitárllelas a outras persoas ou establecementos.
PRAZO
O prazo para os establecementos comerciais que queiran adherirse será desde o 13 de outubro de 2022 ata o 30 de novembro
de 2022.
MÁIS INFORMACIÓN
Consulta a ORDE do 29 de setembro de 2022 ou Sede Electrónica da Xunta (CO301B)
Estoy profundamente agradecido por tu esfuerzo y dedicación al crear y compartir este blog.
Realmente está haciendo una diferencia en mi vida.
Muchas gracias por compartir tu conocimiento y experiencia
a través del contenido de este blog. He aprendido mucho.