A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades procede á convocatoria de concesión de axudas económicas dirixidas a propiciar a reactivación do sector cultural de Galicia, estimulando a demanda e reducindo o impacto económico negativo derivado da crise económica actual.
A axuda farase efectiva a través dos bonos culturais, que poderán ser utilizados nos establecementos culturais radicados na Comunidade Autónoma de Galicia e adheridos ao programa, para a compra de produtos culturais, CD, vinilo, etc., material audiovisual, libros, videoxogos, entradas para salas de cine, concertos, espectáculos escénicos; entradas para cultura (museo, casa museo, etc.) e para a adquisición de calquera outro tipo de ben cultural.
Quedan fóra do programa os produtos de papelaría; os equipamentos, software e consumibles de informática e electrónica; os xogos de calquera tipo e os libros de texto para o ámbito educativo non universitario.,
En cada bono aplicarase un desconto do 50 % da compra realizada ata un máximo de desconto de 50 euros.
Para as persoas usuarias os bonos estarán dispoñibles para a súa descarga dende o 2 de novembro de 2022 ata o 31 de decembro de 2022 e poderán utilizarse ata o 31 de decembro de 2022.
ALTA E REQUISITOS DOS COMERCIOS PARA ADHESIÓN O PROGRAMA
Poderanse adherir ao programa Bono Cultura os establecementos que cumpran os seguintes requisitos:
- Persoas físicas ou xurídicas que teñan como obxecto da súa actividade o de venda ao consumidor/a de produtos e bens culturais.
- Que desenvolvan a súa actividade en Galicia.
- Centros ou locais públicos ou privados destinados á exhibición de produción cultural (salas de cine, teatros e auditorios, salas de concertos, salas de exposicións, etc.).
- Museos, casas museo ou asimilados, tanto de titularidade pública como privada.
- Asociacións, entidades e fundacións de carácter cultural, tanto públicas como privadas, que ofrezan produtos culturais.
- Que estean dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE recollidos no ANEXO I, no caso de establecementos privados.
O importe máximo de bonos que poderá trocar cada entidade colaboradora será de 30.000 euros.
Os establecementos culturais que desexen adherirse ao programa Bono Cultura deberán rexistrarse a través da web www.bonocultura.gal e descargar á aplicación.
OBRIGAS
Os establecementos adheridos ao programa Bono Cultura terán as seguintes obrigas:
- Anunciar no exterior do establecemento a adhesión ao programa mediante a colocación dos correspondentes materiais publicitarios que indica a orde.
- Facer o desconto directo do bono no tícket ou factura de compra emitido, de xeito que o usuario non chegue a realizar, o desembolso do importe descontado.
- Especificar na zona de caixa a política de devolución.
- Someterse ás actuacións de comprobación e vixilancia necesarias por parte da Dirección Xeral de Cultura.
- Conservar durante un ano todos os tíckets de compra ou facturas xustificativas da aplicación dos bonos.
- Custodiar as claves de acceso á plataforma para evitar un uso indebido e non facilitárllelas a outras persoas ou establecementos.
PRAZO
O prazo para adherirse ao programa será dende o 15/10/2022 ao 14/11/2022.
MÁIS INFORMACIÓN
Consulta a ORDE do 7 de outubro de 2022 ou Sede Electrónica da Xunta (CT500C).