AXUDAS PROGRAMA NOVA OPORTUNIDADE 2022

Este programa está dirixido a dous colectivos: persoas que cesaron a súa actividade como autónomas e teñen a iniciativa de voltar a emprender; e persoas que estean de alta nunha actividade e queiran traballar nun sector diferente.

O programa Nova Oportunidade 2022 establece dous tipos de apoio ás persoas traballadoras autónomas:

 1ª. Para as que cesaron na súa actividade e van voltar emprender un negocio como persoas traballadoras autónomas coa finalidade de facilitar a volta á actividade económica á persoa emprendedora a quen lle foi mal no seu anterior negocio. 

2ª. Para as que estean de alta como persoas traballadoras autónomas e queren voltar a emprender noutro sector. Neste caso a finalidade é facilitar o cambio de actividade económica cara outros sectores económicos como os considerados emerxentes ou vinculados á economía circular, entre outros) Transcorrer un período mínimo de dous meses entre a nova alta na Seguridade Social e a anterior baixa.

BENEFICIARIAS

  1. Persoas autónomas ou que foran autónomas con anterioridade, e que queiran volver a emprender:
  • Ter cotizado durante tres meses ininterrompidos na  vida laboral no rexime de autónomos ou noutro rexime especial por conta propia.
  • Estar inscrita como demandante de emprego con carácter previo á nova alta. 
  • Transcorrer un período mínimo de dous meses entre a nova alta na Seguridade Social e a anterior baixa.
  • Ter o domicilio fiscal nalgún concello de Galicia e desenvolver a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia.
  1. Persoas autónomas que queiran cambiar de sector de actividade:
  • Cotizar polo menos durante seis meses ininterrumpidos na súa vida laboral, no rexime de autónomos ou en calqueira outro rexime especial por conta propia.
  • Ser unha persoa traballadora autónoma, nun sector diferente ó anterior, para o cal terá en conta el CNAE y el IAE.
  • Residir nalgún concello de Galicia para desenvolver a súa nova actividade  profesional.

CONTÍA

O programa consta de  dous tipos de bonos: 

  • Bono alta nova oportunidade: concederáselles unha axuda de 9.000 € ás persoas beneficiarias de ámbolos dous grupos. 
  • Bono formación e/ou Bono mentoring: consiste nunha axuda de ata 1.600 €,  para realizar un mínimo de 40 horas de formación e/ou acompañamento dunha persoa mentora. 

 A axuda máxima total será de 10.600 €.

PRAZO

O prazo de presentación das solicitudes finaliza o 31 de outubro de 2022. 

A concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario  e aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información, consulte a  ORDE do 8 de agosto de 2022 ou a  Sede Electrónica da Xunta (TR790A).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *