O obxecto destas bases reguladoras é establecer, en réxime de concorrencia competitiva, as bases para a concesión de subvencións en concepto de axudas dirixidas ao fomento do emprendemento de mozos, dun e outro sexo, de máis de dezaseis anos e menores de trinta anos que non teñan ningunha ocupación laboral nin se atopen estudando, inscritos no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Apróbanse as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas para a posta en marcha de proxectos durante os anos 2022, 2023, 2024 e 2025, destinados á atención de nenas e nenos de ata tres anos de idade, mediante o establecemento dunha casa niño, nos núcleos rurais do territorio da CCAA de Galicia nos que non exista ningún outro recurso de atención continuada á infancia de ata 3 anos de idade.
O Programa ten por obxecto impulsar a innovación, como ferramenta competitiva clave nas empresas da nosa demarcación cameral. Estimular o investimento empresarial en I+D+i, mediante o fomento de execución de proxectos para o desenvolvemento de novos produtos/servizos, para a mellora de procesos produtivos, plans estratéxicos de márketing, innovación en xestión empresarial, sustentabilidade, propiedade industrial, etc.
Estas axudas, teñen como obxecto apoiar as empresas galegas nos seus procesos de internacionalización dixital e a implementación dun plan de internacionalización dixital de empresa, e as necesidades específicas en materia de márketing dixital internacional.
Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2022 dos incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT). As axudas destínanse a sufragar as accións, gastos e pagamentos producidos entre o 1 de outubro de 2021 e o 30 de setembro de 2022.