BENEFICIARIOS
- Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao espazo económico europeo, propietarios, ou posuidores de calquera título válido en dereito, de espazos de exhibición musical privados, situados na Comunidade Autónoma
- Poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións as agrupacións de entidades privadas sempre que cumpran todas elas os requisitos anteriormente sinalados e poidan levar a cabo o obxecto da subvención
- Só se poderá presentar un único proxecto por solicitante e espazo. Para os supostos de agrupacións, as persoas ou entidades que formen parte dela non poderán presentar proxectos de forma individualizada.
MODALIDADES
- Programación da Rede galega de música ao vivo.
- A persoa solicitante poderá presentar un proxecto para incluír na programación da RGMV, sempre que cumpra cos requisitos que se relacionan a continuación:
- O proxecto de programación deberá constar dun mínimo de 6 e un máximo de 10 concertos por ano, para desenvolver entre a data de publicación desta convocatoria e o 30 de setembro de 2023.
- Todos os concertos deberán ser de pago, cun prezo mínimo por entrada de 5,00 euros.
- c) Cada solista ou membro da banda deberá cobrar un mínimo de 250,00 euros (sen IVE) e o custo máximo de cada concerto non pode ser superior a 2.500,00 euros (sen IVE).
- O proxecto de programación estará formado completamente por artistas que desenvolvan a súa actividade habitualmente en Galicia.
- O proxecto de programación estará formado por, polo menos, un 40 % de artistas femininas galegas, agás que sexa de imposible cumprimento e así se xustifique debidamente na memoria do proxecto.
- Programación complementaria da Rede galega de música ao vivo.
- O proxecto que presente a persoa solicitante deberá cumprir os seguintes requisitos:
- O proxecto de programación deberá constar dun mínimo de 25 e un máximo de 67 concertos por ano, para desenvolver entre a data de publicación desta convocatoria e o 30 de setembro de 2023.
- Manter un equilibrio razoable entre o número de concertos de cada anualidade.
- A programación estará composta, polo menos, nun 50 % con artistas que desenvolvan a súa actividade habitualmente en Galicia.
- A programación dará visibilidade a artistas femininas.
- Todos os concertos deberán ser de pago.
CONTÍAS
- Proxecto para a programación da Rede galega de música ao vivo. Non poderá ter un custo subvencionable maior de 25.000,00 euros (IVE incluído). O importe máximo da subvención será do 100 % do orzamento subvencionable presentado, sen superar os 20.000,00 euros.
- Esta modalidade é incompatible con calquera outro financiamento ao ter un importe máximo de subvención do 100 % do orzamento subvencionable.
- Proxecto para programación complementaria da Rede galega de música ao vivo. Non poderá ter un custo subvencionable maior de 25.000,00 euros (IVE incluído). O importe máximo de subvención será do 80 % do orzamento subvencionable presentado, sen superar os 20.000,00 euros. A achega máxima por concerto será de 150,00 euros (sen IVE) en conceptos dos gastos subvencionables descritos nestas bases.
PRAZO
O prazo de presentación de solicitudes remata o 5 de Setembro de 2022
MÁIS INFORMACIÓN
Para máis información podes consultar a RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de programación musical na Rede galega de música ao vivo en salas privadas habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais con público, dentro da programación do Xacobeo 21-22, ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19 ou a Sede Electrónica da Xunta (CT302D)