BENEFICIARIOS
Poderán concorrer a esta convocatoria pública as persoas físicas (autónomos/as) e empresas privadas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas, sociedades laborais e persoas emprendedoras independentemente da súa forma xurídica, que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional, no periodo comprendido entre o 1 de abril de 2021 e o 31 de marzo de 2022 (alta no IAE), tendo o negocio viabilidade técnica, económica e financieira e que cumpra coas obrigas e requisitos establecidos.
REQUISITOS
- Que a persoa desenvolva a súa actividade no término municipal de Vigo con data anterior ao inicio do prazo de presentación da solicitude.
- Que sexan empresas de nova creación incluíndo, neste concepto, os traspasos de negocios.
- Que a persoa promotora cree o seu propio posto de traballo e estea en situación de desemprego na data de inicio da actividade empresarial, en calquera das formas xurídicas existentes. No caso de varias persoas promotoras como mínimo o 50% do capital social da empresa será de titularidade de persoas que previamente estivesen en situación de desemprego.
- Que se atope ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), co Concello de Vigo e coa Seguridade Social, a empresa e os/as promotores/as; no caso das formas xurídicas SL, SLL e SA só referirase á sociedade.
- Que o/s promotor/es da empresa non desenvolveran igual ou similar actividade empresarial na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade.
- Que ningún promotor recibise a subvención do programa de Axudas Municipais á Creación de Empresas do Concello de Vigo nos 4 anos anteriores á data de inicio da nova actividade.
- Que teñan debidamente xustificadas en tempo e forma axudas outorgadas nesta área do Concello de Vigo na convocatoria anterior.
CONTÍA
A contía máxima da axuda por todos os conceptos a subvencionar será de 3.000 €.
Subvencionarase o 50% dos gastos da posta en marcha e funcionamento da empresa correspondentes aos 3 meses anteriores e aos 4 meses posteriores ao inicio da actividade empresarial, agás os gastos de constitución e apertura que poderán corresponder ao período comprendido desde os 6 meses antes do inicio da actividade ata a data límite de presentación da solicitude.
GASTOS SUBVENCIONABLES
- Subvencionarase o 50% dos seguintes gastos xerados no proceso de apertura e constitución da empresa:
- Honorarios e gastos de proxectos técnicos.
- Honorarios do Rexistro Mercantil.
- Honorarios de notarías.
- Existencias iniciais de mercadorías. Subvencionarase ó 50% da adquisición de primeiras compras de mercadorías, de materias primas e doutros consumibles utilizados no proceso de produción ou servizo, así como a subscrición a revistas e libros profesionais.
- Gastos de alugueiro: Subvencionarase ó 50% dos seguintes gastos de alugueiro, sempre que o elemento alugado sexa imprescindible para a realización da actividade da empresa:
- Inmobles e locais.
- Vehículo industrial.
- Aplicacións e equipos informáticos e outros equipos audiovisuais.
- Primas de seguros: Subvencionarase ó 50% dos gastos de contratación de seguros directamente relacionados coa actividade empresarial (seguro do local, de responsabilidade civil e calquera outro afín e, como máximo, dun vehículo, só no caso de que sexa imprescindible para o desenvolvemento da súa actividade).
- Gastos da actividade: Subvencionarase ó 50% dos seguintes gastos derivados directamente da realización da actividade empresarial.
- Hosting e servizos web.
- Papelaría e material de oficina.
- Asesoría.
- Formación e cursos recibidos (directamente relacionados coa actividade a desenvolver).
- Gastos de difusión da actividade empresarial.
- Dereitos de propiedade industrial: Subvencionarase ó 50% dos seguintes dereitos
- Patentes.
- Modelos de utilidade.
- Deseño industrial.
- Marcas de produtos ou servizos.
- Nomes comerciais.
- Dominio en Internet.
PRAZO
O prazo de solicitudes remata o 5 de agosto de 2022.
PROCEDEMENTO PARA A CONCESIÓN
As presentes axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva.
MÁIS INFORMACIÓN
Para máis información podes consultar as BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DAS AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS 2022