AXUDAS PARA SALAS CINEMATOGRÁFICAS

Concesión de axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais para impulsar proxectos dirixidos a innovar e mellorar o funcionamento dixitalizado e sustentable das salas de exhibición cinematográfica establecidas en Galicia, e fomentar medidas de captación de público e de adaptación aos novos hábitos de consumo audiovisual nestes espazos.

BENEFICIARIOS

  • Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da UE ou asociado ao EEE, que cumpran os seguintes requisitos:
    • Ter social ou estatutariamente como obxecto social a exhibición comercial de películas cinematográficas, no suposto de persoas xurídicas.
    • Estar dadas de alta no IAE, na epígrafe 963.1, no momento da publicación da presente convocatoria.
    • Ser titulares ou posuidoras, por calquera título válido en dereito, da sala ou salas de exhibición cinematográfica situadas en Galicia.
  • Poderán ser beneficiarias as agrupacións de titulares e/ou arrendatarios de salas de exhibición cinematográfica situadas na CA galega, sempre que:
    • Presenten, coa solicitude da axuda, o documento de constitución da agrupación onde deberá constar o nivel de participación de cada membro, así como os dereitos e obrigacións.
    • Todos os membros da agrupación reúnan os requisitos necesarios para obter a condición de persoas beneficiarias.
    • Designen unha persoa representante con capacidade para actuar en nome e por conta de todos os titulares ou arrendatarios que conforman a agrupación. A dita persoa será aquela integrante da agrupación que asuma o maior compromiso de execución de gasto ou que resulte designada entre todos os membros cando a porcentaxe de execución sexa equitativa.
    • A persoa representante deberá asumir a realización dos trámites relacionados coa presentación da solicitude, o cumprimento das obrigas derivadas do outorgamento da subvención e a súa xustificación.
    • A agrupación non se poderá disolver ata que transcorresen os prazos de prescrición para o reintegro e infraccións.
  • Excluense as Salas X.


GASTOS SUBVENCIONABLES

Aqueles gastos que, de maneira indubidable, responden á natureza da actividade subvencionada e estar realizados e pagados entre o 13 de xuño de 2022 e o 20 de abril de 2023. Concretamente estes:

  • O gasto derivado das actuacións que se encadran no eixe de Dixitalización e aplicación de novas tecnoloxías á actividade das salas de exhibición, deberá supoñer como mínimo o 25 % do orzamento total subvencionable.
  • Os gastos de persoal contratado especificamente para o desenvolvemento do proxecto subvencionado serán subvencionados integramente no seu custo e deberán ser congruentes coa categoría profesional que se require para o desenvolvemento da actividade ou actividades que se van realizar dentro do proxecto.
  • Serán gastos subvencionables con limitacións:
  • Os gastos ordinarios correspondentes ás retribucións do persoal laboral fixo dependente das persoas e entidades beneficiarias, que non poderán superar o 20 % do importe da axuda concedida. Deberá tratarse de gastos directamente relacionados co desenvolvemento da actividade subvencionada, indicando que porcentaxe do horario de traballo se corresponde co proxecto subvencionado.
  • Os gastos xerais (aluguer, subministracións, comunicacións, informática etc.), que non poderán superar o 10 % da axuda concedida. Deberá tratarse gastos directamente relacionados co desenvolvemento da actividade subvencionada.


ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES

Estas axudas están destinadas a cubrir o investimento vinculado aos 3 eixes de acción principais que se relacionan a continuación, xunto coas actividades elixibles que se especifican:

  • Eixe 1. Dixitalización e aplicación de novas tecnoloxías á actividade das salas de exhibición
    • Estudos de viabilidade de proxectos de transformación dixital.
    • Comunicación e márketing dixital.
    • Actualización de sistemas de ticketing.
    • Modernización de sistemas dixitais de proxección, audio e conectividade, incluíndo aqueles dirixidos a persoas con discapacidade.
    • Aplicación de intelixencia artificial e big data.
    • Dixitalización doutros servizos.
  • Eixe 2. Adopción de medidas de desenvolvemento sustentable e impacto ambiental positivo.
    • Estudos dirixidos a identificar posibles melloras en áreas relacionadas coa sustentabilidade, a eficiencia enerxética da empresa, a economía circular e o desenvolvemento de plans de acción.
    • Capacitación e implantación de modelos de xestión baseados en economía circular.
    • Investimentos dirixidos a aumentar a eficiencia enerxética.
    • Investimentos para a utilización de fontes renovables e xeración de electricidade para autoconsumo.
    • Investimentos en sistemas de xestión de residuos e mellora dos sistemas de reciclaxe.
    • Formación ao persoal en eficiencia enerxética e xestión de residuos.
    • Outras iniciativas de desenvolvemento sustentable.
  • Eixe 3. Fidelización e captación de públicos, innovación na programación e na circulación de producións europeas e en linguas oficiais de España.
    • Programación de películas que contribúan a aumentar a diversidade da oferta cinematográfica: cinema europeo, cinema iberoamericano, cinema en versión orixinal, incluíndo aquel en calquera lingua cooficial de España, cinema de dirección novel, cinema dirixido por mulleres, cinema de animación, cinema documental e todas aquelas obras cinematográficas que teñan a consideración de «obra audiovisual difícil»
    • Programacións especiais ou regulares de cinema de autoría e/ou produción galega.
    • Prácticas e procesos de promoción e fidelización de públicos innovadores por salas ou redes de salas, como poden ser proxectos dixitais colectivos de interacción con públicos, xestión de datos, sistemas de subscrición, novos servizos en liña, colaboracións con plataformas e outros axentes da industria audiovisual.
    • Actividades vinculadas a programas escolares, educativos ou de integración social e cultural.
    • Campañas de márketing de asistencia ao cinema, xerais ou dirixidas a grupos particulares de poboación.
    • Campañas de promoción de películas europeas, iberoamericanas, en linguas cooficiais españolas, realizadas por mulleres, que conten co distintivo de «especialmente recomendadas para o fomento da igualdade de xénero», realizadas por directores noveis, que sexan «especialmente recomendadas para o público infantil e xuvenil» ou consideradas «obras audiovisuais difíciles».
    • Proxectos para o desenvolvemento de comunidades de públicos centrados na inclusión e en favorecer o acceso ao cinema.
    • Desenvolvemento de actividades para captación de públicos, podendo incluír talleres e seminarios de formación, desenvolvemento de software e programas de educación e aprendizaxe.
    • Desenvolvemento de actividades profesionais que teñan como obxectivo a creación, fidelización e incremento de públicos para as salas.

CONTÍA

A intensidade máxima da axuda será do 80 % do gasto subvencionable.

Nº PANTALLASIMPORTES MÁXIMOS
121.600 €
224.000 €
326.400 €
428.800 €
531.200 €
633.600 €
736.000€
838.400€
940.800€
1043.200€
1145.600€
1248.000€
1350.400€
1452.800€
1555.200€

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes remata o 11 de xullo do 2022.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información podes consultar a RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a salas de exhibición cinematográfica establecidas en Galicia para proxectos de innovación, funcionamento dixitalizado e sustentable, creación e fidelización de públicos e adaptación aos novos hábitos de consumo audiovisual, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) número 2021/241 ou a Sede Electrónica da Xunta (CT207M).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *