AXUDAS PARA INNOVACIÓN DAS PEMES GALEGAS CUXA ACTIVIDADE ESTÁ DENTRO DA RIS3

Se aproban as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación, en réximen de concorrencia competitiva, dirixidas ás microempresas, pequenas e medianas empresas galegas (pemes) mediante bonos de innovación, código de procedemento IN848F

RETOS E PRIORIDADES

  • Retos da RIS3:
    • Reto 1: novo modelo de xestión dos recursos naturais e culturais baseados na innovación. Modernización dos sectores tradicionais galegos a través da introdución de innovacións que incidan na mellora da eficiencia e o rendemento no uso dos recursos endóxenos e a súa reorientación aos usos alternativos con maior valor engadido en actividades enerxéticas, acuícolas, farmacolóxicas, cosméticas, alimentarias e culturais.
    • Reto 2: novo modelo industrial sustentado na competitividade e o coñecemento. Aumentar a intensidade tecnolóxica da estrutura industrial de Galicia, a través da hibridación e as tecnoloxías facilitadoras esenciais.
    • Reto 3: novo modelo de vida saudable cimentado no envellecemento activo da poboación. Situar Galicia como a rexión líder do sur de Europa en oferta de servizos e produtos intensivos en coñecemento relacionados cun modelo de vida saudable: envellecemento activo, aplicación terapéutica de recursos hídricos e mariños e a nutrición funcional.
  • Prioridades da RIS3 Galicia:
    • Prioridade 1: solucións científico-tecnolóxicas para a sustentabilidade. Desenvolvemento e aplicación das diferentes solucións científico-tecnolóxicas e de innovación para avanzar na descarbonización das cadeas de valor, a sustentabilidade dos recursos naturais (terra e mar) e patrimoniais de Galicia, xerando, ademais, oportunidades para a diversificación a produtos sustentables competitivos internacionalmente e mellorando o benestar das persoas.
    • Prioridade 2: dixitalización para o novo modelo industrial e social. Apoio á tecnificación e dixitalización (desenvolvemento e/ou incorporación de tecnoloxías) para impulsar o modelo industrial galego e a xestión e prestación de servizos sanitarios e sociais de calidade, como panca para a transformación resiliente de Galicia.
    • Prioridade 3: orientación dos esforzos en I+D+i cara os retos da sociedade en alimentación, saúde e envellecemento activo, convertendo a Galicia nunha contorna de referencia mundial para o desenvolvemento e exame de novas oportunidades científico-tecnolóxicas e empresariais: Galicia Living Lab.

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarias desta axuda as microempresas, pequenas e medianas empresas,, validamente constituídas no momento da presentación da solicitude, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que solicitan a axuda.

BONOSBENEFICIARIOS
Liña 1. Servizos de apoio á innovación.Microempresas e pequenas empresas.
Liña 2. Xestión do financiamento da innovación.Microempresas, pequenas e medianas empresas.

Quedan excluídos da presente convocatoria e non poderán adquirir a condición de beneficiarios desta axuda:

  • As pemes en crise.
  • As pemes nas cales concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007.
  • As pemes vinculadas ou asociadas e/ou pertencentes ao mesmo grupo empresarial, nos seguintes casos:
    • Que fosen beneficiarias doutras convocatorias do programa Innovapeme.
    • Que sexan beneficiarias simultaneamente na presente convocatoria nunha mesma liña.
  • As asociacións, as fundacións e, en xeral, as entidades sen ánimo de lucro.
  • As entidades e sociedades públicas con personalidade xurídica propia vinculadas ou dependentes das administracións públicas, así como aquelas pertencentes á Administración institucional, calquera que sexa a administración na que se integren.
  • Calquera ente, organismo ou entidade con personalidade xurídica propia, que se teñan creado especificamente para satisfacer necesidades de interese xeral que non teñan carácter industrial ou mercantil, sempre que un ou varios suxeitos pertencentes ao sector público financien maioritariamente a súa actividade, controlen a súa xestión, ou nomeen máis da metade dos membros do seu órgano de administración, dirección ou vixilancia.

De xeito específico quedan excluídas:

  • Para a liña 1, bonos para servizos de apoio á innovación:
    • As microempresas e pequenas empresas, que xa resultasen beneficiarias dunha axuda no programa Innovapeme na súa convocatoria do ano 2017, do ano 2019, do ano 2020 e no ano 2021.
    • As microempresas e pequenas empresas que, no momento da publicación desta resolución, inclúan como rúbricas exclusivas da Clasificación nacional de actividades económicas-CNAE-2009 algunha das seguintes: Sección J: información e comunicacións: quedan excluídas como beneficiarias as empresas das divisións 61: telecomunicacións; 62: programación, consultoría e outras actividades relacionadas coa informática; e 63: servizos de información.
  • Para a liña 2, bonos para a xestión do financiamento da I+D+i:
    • As pemes que xa resultasen beneficiarias dunha axuda no programa Innovapeme na súa convocatoria do ano 2020.

CONTÍA

MODALIDAD DE BONOINVESTIMENTOSUBVENCIÓNINTENSIDADE MÁXIMA
Liña 1. Apoio á innovaciónDe 30.000 a 50.000€De 21.000 € ata 35.000 €70%
Liña 2. Xestión financiamentoSen límiteMáx. 5.000€70%

ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES

Serán subvencionables os custos de contratación de servizos externos efectuados desde o 1 de xaneiro de 2022 ata o 21 de outubro de 2022.

  • Para a liña 1, bonos para servizos de apoio á innovación, as actividades que se subvencionan serán as que reúnan, necesariamente, as seguintes características.
    • Constituirán unha ou máis actividades que estarán incluídas nunha memoria descritiva (anexo II) que se presentará xunto coa solicitude, que respondan a necesidades xustificadas e cun impacto contrastable na empresa, que permitan consolidar e/ou incrementar as capacidades tecnolóxicas e de impulso da I+D+i da empresa.
    • O orzamento subvencionable será dun mínimo de 30.000,00 € e dun máximo de 50.000,00 €.
    • As actividades realizaranse mediante a contratación de servizos de apoio á innovación de entre as seguintes tipoloxías:
      • Protección do coñecemento, dos activos intanxibles da empresa, xestión da tramitación de novas patentes, modelos de utilidade e os dereitos de propiedade industrial que se solicite en España, excluíndose o mantemento ou ampliación das existentes.
      • Deseño, implantación e mellora de sistemas de xestión e organización da innovación. Certificacións da especificación EA0047 «Requisitos para a consideración como pequena ou mediana empresa innovadora», EA0043 «Requisitos da xove empresa innovadora» e as incluídas na serie de Normas UNE 166000 dedicadas a apoiar a optimización da «Xestión da I+D+i» e outras certificacións específicas para o desenvolvemento da investigación e innovación industrial, baixo a consideración discrecional da Axencia Galega de Innovación.
      • Estudos de vixilancia tecnolóxica e estado da arte, para dotarse de información da ciencia e tecnoloxía que permitan identificar oportunidades e tomar decisións para actuacións de I+D+i.
      • Estudos de viabilidade tecnolóxica e industrial encamiñados ao desenvolvemento de novos produtos ou servizos, ou análise da mellora ou creación de novos procesos produtivos. Verificacións de parámetros, escalabilidade industrial, durabilidade, fiabilidade…
      • Accións para levar a mercado ou implementar os resultados da investigación e innovación industrial, deseño de novos produtos, servizos ou procesos industriais nas etapas previas á comercialización.
      • Reconfiguración e redeseño de novos produtos e servizos para diversificación e mellora da capacidade produtiva, e incrementar así o impacto nos mercados.
      • Accións de testaxe, validación, verificacións ou accións destinadas ao cumprimento de especificacións requiridas para a explotación comercial, previas á comercialización.
    • Soamente se financiarán as actividades desenvolvidas na CCAA Galega.
    • Non serán subvencionables os cambios ou melloras de importancia menor, os aumentos das capacidades de produción ou servizo mediante a introdución de sistemas de fabricación ou loxística moi similares aos xa utilizados, que non supoñan unha actividade de innovación.
  • Liña 2, bonos para a xestión do financiamento da innovación. Establécense dúas tipoloxías diferentes:
    • Tipo A. Contratación de servizos de consultoría para a tramitación de incentivos fiscais á I+D+i a través da obtención da cualificación fiscal correspondente ao exercicio fiscal 2021. Cun límite da axuda de ata 5.000,00 €.
    • Tipo B. Contratación de servizos de consultoría ou asesoramento para a tramitación de novas solicitudes de propostas de I+D+i en convocatorias de axudas estatais, europeas ou internacionais. Cun límite da axuda de ata 5.000,00 €.

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes remata o 11 de xullo de 2022.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información podes consultar a RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento de bonos de innovación para pequenas e medianas empresas cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3 ou a Sede Electrónica da Xunta (IN848F).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *