Se formas parte do sector cultural galego como creador, produtor ou formas parte dunha compañía, xa podes solicitar as subvencións para a produción e distribución de espectáculos e artes escénicas ou musicais, co fin de ampliar o alcance e distribución dos teus proxectos, principalmente fóra de Galicia.
Se tes unha peme e precisas financiamento para a realización de investimento ou para circulante, xa podes optar á convocatoria de préstamos avalados do IGAPE para facilitar o acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas galegas.
Se vas levar a cabo un proxecto de artes escénicas xa podes solicitar a subvención que a Xunta de Galicia destina a impulsar a creación, produción e difusión de espectáculos teatrais, danza e outras formas de arte no territorio galego.
Levaches ou vas levar a cabo unha reforma ou unha obra nova con produtos de madeira? Se é así, bótalle un ollo a estas axudas que convoca a Axencia Galega da Industria Forestal para incentivar a utilización de produtos construtivos do sector forestal.
Se te dedicas ao mundo da arte, podes optar a estas axudas para cubrir os gastos relacionados coa participación en feiras e mercados de arte fóra da nosa comunidade autónoma.