SUBVENCIÓNS PARA A ORGANIZACIÓN DE EVENTOS E CONGRESOS DE INTERESE TURÍSTICA NO ANO 2024.

Se levas dous anos ou máis organizando algún evento ou congreso de interese turístico na cidade de Vigo, infórmate das subvencións que vén de convocar o Concello de Vigo co obxectivo de promocionar o turismo local.

A Consellería de Turismo de Vigo pretente contribuír á dinamización do sector turístico a través da convocatoria destas subvencións, en concorrencia competitiva, destinadas á realización de eventos e congresos no ámbito de Vigo que teñan entre os seus obxectivos a promoción turística do destino Vigo durante o 2024.

Os interesados poderán solicitar estas subvencións ata o 5 de agosto de 2024.

BENEFICIARIOS

Persoas físicas e xurídicas e entidades legalmente constituídas que desenvolvan o seu evento ou congreso na cidade de Vigo, contribuíndo á promoción turística da cidade.

Requisitos dos beneficiarios:

  • Os eventos e congresos de interese turístico deberán ter unha antigüidade mínima de dúas edicións.
  • Atoparse ao corrente no cumprimento das obrigras tributarias.

GASTOS SUBVENCIONABLES

Aqueles realizados entre o 1 de xaneiro e o 1 de novembro 2024.

Exclusións

  • Custes indirectos
  • Custes de funcionamento ordinario da entidade
  • Custes das atencións protocolarias e representativas
  • Gastos en inversións e adquisicións de material, equipos e ben de naturaleza inventariable.

CRITERIOS PARA A CONCESIÓN DA SUBVENCIÓN

Valoración da promoción turística do evento ou congreso:

  1. Capacidade de comercialización do proxecto turístico: Valorarase cun máximo de 10 puntos.
  • De 1 a 5 días máximo de 5 puntos.
  • De 6 a 10 días, máximo 9 puntos.
  • Cando supere os 10 días valorarase con 10 puntos. 

2. Accións de promoción: Máximo 25 puntos.

  • Promoción online, (Web, Newsletter, App, canal Youtube, etc…). Máximo 10 puntos.
  • Entre 5 e 10 publicacións, valorarase con ata 5 puntos.
  • Entre 11 e 20 publicacións, valorarase con ata 9 puntos.
  • Cando supere as 20 publicacións se valorará con 10 puntos.
  • Promoción en RRSS (Facebook, Instagram, Twiter, etc…).Máximo de 5 puntos.
  • Entre 10 e 20 publicacións, valorarase con ata 2,5 puntos.
  • Entre 21 e 30 publicacións, valorarase con ata 4 puntos.
  • Cando supere as 30 publicacións se valorará con 5 puntos.
  • Promoción en distintos soportes (comunicación, radio, prensa, revistas, televisión, vallas publicitarias, mobiliario urbano, rótulos, camisetas, etc…). Valorarase con ata 10 puntos.
  • Entre 5 e 10 soportes, valorarase con ata 5 puntos.
  • Entre 11 e 20 soportes, valorarase con ata 9 puntos.
  • Cando supere os 20 soportes valorarase con 10 puntos.

3. Ámbito da actividade promocional. Máximo 10 puntos.

  • Rexional, ata 2,5 puntos
  • Autonómico, ata 5 puntos.
  • Nacional, ata 7,5 puntos.
  • Internacional, ata 10 puntos.

4. Antigüidade do evento ou congreso de interese turístico. Máximo 10 puntos.

  • Entre 2 e 10 anos, máximo de 5 puntos.
  • Entre 11 e 15 anos, máximo de 9 puntos.
  • Cando supere os 15 anos valorarase con 10 puntos.
  • O evento ou congreso debe ter unha antigüidade mínima de 2 anos.

Determinación das contías da subvención dos eventos ou congresos de interese turístico:

Para a determinación das contías concretas da subvención dos eventos ou concretos de interese turístico, teranse en conta as seguintes porcentaxes:

  • Entre 25-35 puntos: 50% do custe da actividade subvencionada.
  • Entre 36 e 45 puntos: 75% do custe da actividade subvencionada.
  • Entre 46 e 55 puntos: 100% do custe da actividade subvencionada.

A valoración final do proxecto de promoción turística deberá alcanzar un mínimo de 25 puntos.

CONTÍA MÁXIMA DE SUBVENCIÓN

A subvención máxima por evento será de 25.000€, sen que a contía chegue a superar o 100 % do custe da actividade subvencionada.

Cada entidade só poderá presentar unha solicitude por evento

PRAZO

O prazo de presentación das solicitudes amplíase ata o 5 de agosto de 2024

MÁIS INFORMACIÓN

BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA A ORGANIZACIÓN DE EVENTOS E CONGRESOS DE INTERESE TURÍSTICA NO ANO 2024.

Concello de Vigo: Subvencións para a organización de eventos ou congresos de interese turística no ano 2024.

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *