Se queres mellorar os teus coñecementos sobre xestión comercial e os procesos de comercialización aplicables ao teu negocio, EspazoCoop organiza unha formación gratuíta para que acades os teus obxectivos neste ámbito.
Estás barallando diferentes formas xurídicas para adoptar na túa empresa? Neste artigo, exploraremos as características, vantaxes e outros aspectos das entidades sen personalidade xurídica para que teñas en conta todas as opcións.
Xa se poden solicitar as axudas para favorecer a contratación de mulleres desempregadas en ocupacións masculinizadas, para empresas de calquera forma xurídica que pretendan incrementar as taxas de ocupación feminina en ditas ocupacións ou adaptar os seus espazos de traballo.
Buscando dar o paso cara unha economía circular e a redución de emisións, convócase esta liña de subvencións para pemes e grandes empresas que están a desenvolver proxectos de aforro e eficiencia enerxética, de cara a reducir a súa factura eléctrica.
Inscríbete nesta xornada virtual para aprender a adoptar medidas Ambientais, Sociais e de Gobernanza (ASG) e obter información corporativa de sostibilidade, tan necesaria hoxe en día para a túa peme.