SUBVENCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS AUDIOVISUAIS GALEGOS 2024

As produtoras audiovisuais galegas xa poden optar ás subvencións que a Agadic convocou para desenvolver proxectos audiovisuais no ano 2024.

A Axencia Galega das Industrias Culturais convoca, en réxime de concorrencia competitiva, axudas para fomentar a cultura e a lingua galega. Estas subvencións están destinadas aos traballos previos ao momento da produción de proxectos audiovisuais.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas ou xurídicas constituídas  produtoras audiovisuais independentes e dadas de alta na epígrafe IAE 961.1, que teñan, cando menos, un ano de antigüidade e un ano de actividade sen interrupcións no momento da publicación da presente convocatoria e que ademais:

  • Teñan unha sucursal ou oficina permanente de, polo menos, un ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e desenvolver a súa actividade habitual en Galicia.

Quedan excluídas desta convocatoria as agrupacións de interese económico.

Requisitos

  • A persoa solicitante deberá ter, cando menos, un acordo ou precontrato cun director e/ou guionista para o desenvolvemento do proxecto audiovisual.
  • Ademais, a persoa solicitante deberá posuír, cando menos, a opción de compra sobre os dereitos de propiedade intelectual do concepto, tema, tratamento, guión ou biblia dos contidos que se presentan ou os dereitos de adaptación, cando se trate de obras preexistentes. No caso de existir acordos de co desenvolvemento entre empresas produtoras, aceptarase unha repartición equitativa de dereitos entre elas. A posesión dos dereitos deberá ter unha duración mínima suficiente para cubrir todo o cronograma de desenvolvemento do proxecto.

PROXECTOS SUBVENCIONABLES E CATEGORÍAS DE PROXECTOS

Serán obxecto de subvención aqueles proxectos audiovisuais sobre os que realizar traballos previos ao momento da produción da obra, entendendo como tales os relacionados co guión, financiamento, venda e distribución, xestión de dereitos, investigación, debendo poderse encadrar nalgunha das categorías seguintes:

  • Proxecto de longametraxe cinematográfica de ficción.
  • Proxecto de longametraxe cinematográfica de animación.
  • Proxecto de longametraxe cinematográfica documental.
  • Proxecto de serie de ficción ou animación.
  • Proxecto de serie documental.

Para os efectos das presentes bases, terase en conta o seguinte:

  • Os proxectos de longametraxe deberán prever unha duración mínima de 60 minutos e ter como destino final as salas de exhibición cinematográfica.
  • Os proxectos de series de ficción deberán prever unha duración total mínima de 150 minutos.
  • Os proxectos de series de animación e series documentais deberán prever unha duración total mínima de 100 minutos.

CONTÍA

1) A intensidade da axuda é do 100 % do gasto subvencionable.

2) As cantidades máximas que se poderán conceder segundo o tipo de proxecto son as seguintes:

Finalidade da obraModalidadeContía máxima
Obras cinematográficasProxecto de longametraxe de animación30.000 €
Proxecto de longametraxe de ficción25.000 €
Proxecto de longametraxe documental15.000 €
Obras audiovisuais para TV e plataformasProxecto de serie de ficción ou animación30.000 €
Proxecto de serie documental20.000 €

3) Para os efectos de control da intensidade máxima de subvencións, terase en conta a totalidade das axudas públicas españolas recibidas para o proxecto.

4) Poderá ser obxecto de subvención un máximo de dous proxectos por cada solicitante e as posibles entidades vinculadas.

As persoas beneficiarias deberán presentar unha conta xustificativa que deberá incluír os documentos que aparecen neste enlace.

GASTOS SUBVENCIONABLES

  1. Serán subvencionables os traballos de desenvolvemento do proxecto desde a súa creación ata a fase de produción deste e que se leven a cabo dentro do período subvencionable, que será o comprendido desde
  2. Terán a consideración de gastos subvencionables aqueles que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do proxecto obxecto de subvención, concedida con base na descrición realizada na memoria técnica e na solicitude.
  3. Só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados e pagados dentro do período de execución indicado na resolución da concesión da axuda.
  4. Ningún dos custos sobre os que se solicita subvención poderán ser incorridos con carácter previo a esta presentación; de ser así, o proxecto na súa totalidade non sería subvencionable.
  5. Considéranse gastos subvencionables os directamente relacionados cos traballos de desenvolvemento, e que se poidan encadrar nas seguintes epígrafes:
  6. Dereitos.
  7. Gastos de persoal.
  8. Gastos de asesoría ou consultoría.
  9. Gastos de elaboración de materiais.
  10. Loxística e participación en mercados e/ou foros de negocio.
  11. Gastos xerais.

A valoración total máxima establécese en 75 ptos. distribuídos segundo os criterios que se establecen nos CRITERIOS DE VALORACIÓN.

A puntuación total mínima que se deberá obter para que a solicitude resulte subvencionable é de 30 puntos para proxectos de ficción e animación e de 25 puntos para proxectos de documentais.

INCOMPATIBILIDADES

Estas axudas son incompatibles con outras axudas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para o mesmo proxecto.

PRAZO

Dende o 2 de agosto ata o 2 de setembro de 2024.

MÁIS INFORMACIÓN

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos e se convocan para o ano 2024.

CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: CT207B

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Este resumo ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír á información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *