A Fundación Formavigo, en colaboración co Concello de Redondela e a Xunta de Galicia desenvolverá o Curso de Emprendemento Rural, un obradoiro práctico, presencial e gratuíto no que poderás valorar os aspectos de emprender un negocio nunha zona rural, así como cales son os primeiros pasos a dar para dar forma a túa idea.
DESTINATARIOS
Aberto a todas as persoas que busque unha oportunidade laboral no emprendemento.
CONTIDOS
- Comprender os fundamentos do emprendemento.
- Desenvolver habilidades para identificar oportunidades de negocio.
- Elaborar un plan de negocios básicos con análises de mercado e proxeccións.
- Coñecer os aspectos legais, fiscais e administrativos relacionados coa creación dun negocio.
- Adquirir habilidades de mercadotecnia e vendas adaptadas a pequenos emprendementos.
- Utilizar eficientemente as redes sociais para promover o negocio.
- Desenvolver técnicas de xestión do tempo e recursos para unha operación empresarial eficaz.
O obradoiro desenvolverase presencialmente.
DATAS
Desenvolverase os luns e martes, iniciando o 30 de setembro e rematando o 15 de outubro de 2024.
- Datas da formación presencial: 30 de setembro , 1, 7, 8, 14 e 15 de outubro
HORARIO
De 16:00 a 20:00 h.
LUGAR
Multiusos da Xunqueira
Paseo da Xunqueira, s/n . REDONDELA
MÁIS INFORMACIÓN
Solicita a túa inscribíndote na páxina web da Fundación Formavigo.
Para obter máis información ponte en contacto a través do teléfono 986289657 ou do correo electrónico info@fundacionformavigo.com.