Ultreia Galicia contará con catro eventos, un en cada provincia (en colaboración coas confederacións empresarias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra), nos que os impulsores de proxectos emprendedores poderán presentalos e ser seleccionados para amosalos ante investidores, mentores e outros referentes sectoriais. Na provincia de Pontevedra o econtro terá lugar o 25 de setembro, na sede da CEP (Confederación de Empresarios de Pontevedra).
Ultreia Galicia vai ter un desenvolvemento simultáneo en dúas áreas:
CAMPUS STARTUPS:
- Identificar e mapear as startups e emprendedores de cada unha das catro provincias galegas.
- Dar soporte aos proxectos para a busca de financiamento.
- Selección de proxectos para o Foro de Investimento.
- Identificar aos Business Angels da provincia.
RETOS E SOLUCIÓNS PARA UN TERRITORIO INTELIXENTE:
- Identificar os sectores estratéxicos da provincia.
- Identificar os retos destes sectores estratéxicos.
- Identificar e involucrar ás empresas tractoras destes sectores estratéxicos.
- Mapear os axentes do ecosistema da provincia.
Ultreia Pontevedra forma parte desta serie de encontros revolucionarios para dinamizar a escena emprendedora galega, que teñen o obxectivo incentivar aos emprendedores e axentes do ecosistema para crear sinerxias.
QUEN PODE PARTICIPAR NO CAMPUS STARTUP
1- Poderán inscribirse como proxectos emprendedores do Campus:
STARTUPS: Os proxectos de emprendemento innovadores con visión de futuro que procuren proxección, mentorización e financiamento poden inscribirse a través da INSCRICIÓN STARTUPS.
Poderán participar na competición de iniciativas emprendedoras innovadoras as que cumpran cos seguintes requisitos:
- Atoparse nunha fase temperá de desenvolvemento, constituídas dende o 1 de xaneiro de 2019.
- Ter capacidade de impactar e influír ou mellorar a vida laboral e persoal, especialmente no rural.
- Contar cun proxecto con alto potencial de crecemento e proposta de valor interesante para futuros inversores.
- Dispoñer, polo menos, dun MVP (produto mínimo viable) no mercado.
2- Poderán inscribirse como asistentes ao evento ULTREIA PONTEVEDRA:
INVESTIDORES: Os investidores que teñan interese en descubrir novos proxectos de startups e establecer contacto directo cos emprendedores poden inscribirse a través da INSCRICIÓN INVESTIDOR.
PÚBLICO XERAL: Calquera que teña interese no ecosistema emprendedor e queira coñecer experiencias de éxito de primeira man e presenciar conferencias inspiradoras poden inscribirse a través da INSCRICIÓN ASISTENCIA.
SELECCIÓN DE PROXECTOS PARA PARTICIPR NO CAMPUS STARTUP
A Rede de Polos de Emprendedores e Apoio ao Emprego realizará unha preselección de 12 proxectos, que terán a oportunidade de participar e presentar os seus proxectos o día 25 de setembro no marco do evento Ultreia Pontevedra ante un xurado seleccionado. Este xurado elixirá entre 3 e 5 proxectos gañadores.
Consulta as bases e cuestionario de participación da área CAMPUS STARTUPS.
CRITERIOS DE PUNTUACIÓN
Cada un dos criterios será valorado do 1 (puntuación mínima) ao 5 (puntuación máxima):
- Idea de negocio
- Modelo de negocio
- Escalabilidade
PREMIOS
Os proxectos gañadores terán acceso a:
- Vídeo Pitching
- Comunicación: cobertura de eventos
- Presentación do seu proxecto no Ultreia Galicia
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROXECTOS
O proceso de presentación de proxectos iniciarase o 9 de setembro e finalizará o 16 de setembro de 2024 ás 20:00 h.
A competición desenvolverase o 25 de setembro de 2024.
UBICACIÓN
Confederación Empresarial de Pontevedra, Rúa de García Barbón, 104, Vigo.
PROGRAMA DO EVENTO
Consulta o programa de Ultreia Pontevedra na seguinte ligazón.
MÁIS INFORMACIÓN
Para obter información máis detallada de Ultreia Pontevedra, consulta o seguinte dossier. Se tes algunha dúbida podes poñerte en contacto co número de teléfono 986 439 611 ou ao correo electrónico cep@cep.es.