A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) lanza as liñas Deseñapeme e Innovapeme, co fin de que as empresas galegas poidan mellorar a súa capacidade de innovación, a través da concesión de axudas de ata o 50% do custo de plans de deseño e plans de innovación.
Se te deches de alta como autónomo ou constituíches unha empresa no termo municipal de Vigo entre 1 de abril de 2022 e o 28 de febreiro de 2023, esta convocatoria interésache: o Concello de Vigo abre o prazo das axudas municipais á creación de empresas 2023 e concederá axudas de ata 3.000 euros para apoiar a posta en marcha de novos proxectos empresariais que contribúan á dinamización da actividade empresarial e do emprego.
Xa podes solicitar o bono consolida economía social para apoiar a transformación dixital e na mellora da eficiencia enerxética nas entidades da economía social contribuíndo ao impulso da súa actividade económica e incrementando a súa competitividade.
Se queres formar parte da economía social cambiando a forma xurídica da túa empresa ou asociándote con outras persoas autónomas podes acollerte a este programa de axudas.
Se tes unha empresa en Vigo, bótalle un ollo a esta convocatoria de axudas dirixidas a entidades e persoas físicas radicadas na área de influencia do Parque das Illas Atlánticas interésanche.