O obxecto destas axudas é favorecer a difusión da produción intelectual e creativa de Galicia noutras culturas, así como facilitar o acceso da cidadanía galega aos textos producidos noutras linguas e territorios.
Ademais, con estas axudas a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude busca apoiar a produción editorial e edición de obras de interese xeral para Galicia.
BENEFICIARIOS
Poderán ser beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas que acrediten a súa condición editoras e estean efectivamente dadas de alta antes do 1 de xaneiro de 2025 na epígrafe 476.1, edición de libros, do imposto de actividades económicas.
Exclusións
Quedan excluídos destas axudas os proxectos que presenten contratos de tradución con persoas xurídicas.
ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES
Consideraranse custos subvencionables os seguintes:
- Os honorarios profesionais da persoa que realice a tradución.
- A tradución da obra para a cal se solicita a subvención deberase publicar despois da data de publicación desta convocatoria.
- Só se subvencionará a tradución dun mesmo título, e en caso de que haxa varias solicitudes para a mesma hora, elixirase o proxecto mediante un baremo.
- Cada empresa editorial poderá presentar solicitude para a tradución dun máximo de 15 obras.
- Só serán obxecto de subvención as obras das que se trate dunha primeira tradución ou pasasen máis de 20 anos desde a última tradución.
CONTÍA
A contía das axudas é a seguinte:
- O importe máximo de subvención por obra é de 6.000 euros.
- As axudas cubrirán ata o 90 % do custo da tradución para aquelas solicitudes que obteñan a máxima puntuación (100 puntos), reducindo proporcionalmente ata o 60 % para as que obteñan a puntuación mínima (50 puntos).
- O prezo máximo subvencionable por páxina traducida é de 25 euros.
En ningún caso se concederán máis de cinco axudas por editor a obras en que conste o mesmo tradutor.
PRAZO
O prazo de presentacións de solicitudes será dende o 27 de marzo de 2025 ata o 28 de abril de 2025.
MÁIS INFORMACIÓN
Acceder ao procedemento de tramitación:
- Código de procedemento: CT221C
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.