ENCONTRO PARA O EMPRENDEMENTO #MAPA_E 2025

O Círculo de Empresarios de Galicia convoca a III edición de #MAPA_E 2025, un punto de encontro para conectar emprendedores, inversores e institucións. O evento, que busca fortalecer o ecosistema emprendedor galego, celebrarase o 20 de marzo de 2025 en Vigo, cunha xornada de debate, networking e colaboración estratéxica.

O círculo de Empresarios de Galicia convoca a terceira edición de #MAPA_E 2025: Ecosistema de Emprendemento e Inversión de Galicia – En Construción co fin de conectar emprendedores, inversores, corporacións e institucións. 

Así, este programa busca consolidar a Galicia como un referente de emprendemento e investimento, unindo debates estratéxicos, networking de alto nivel a nivel colaborativo entre organizacións públicas e privadas, buscando o crecemento sostible do ecosistema emprendedor.

Esta proposta parte da premisa de que estamos nun momento vital  para consolidar a Galicia como un referente en emprendemento e investimento.

Ademais das intervencións nas que participarán expertos, responsables institucionais e empresarios fundadores  de importantes empresas e startups, o encontro acollerá un aperitivo networking coa finalidade de xerar oportunidades de colaboración.

Trátase dun evento híbrido, coa posibilidade de asistir presencialmente o xoves 20 de marzo de 2025, dende as 9.00h ata has 13.30h, na Sede do Círculo de Empresarios de Galicia (Avda. García Barbón, nº 62. Vigo) ou coa opción de seguir as intervencións en liña, a través de plataforma virtual.

Asistencia gratuíta, previa inscrición. 

MÁIS INFORMACIÓN

Consulta a web do Círculo de Empresarios de Galicia.

Tel. 986.447220

E-mail: aempresas@circulo.gal

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *