CERTAME NACIONAL DE MOZOS EMPRENDEDORES 2025

Se tes menos de 30 anos, emprendedor e tes unha idea innovadora, esta é a túa oportunidade! O Injuve lanza o Certame Nacional de Mozos Emprendedores 2025, cunha axuda de 20.000€ para os 10 mellores proxectos. Se a túa empresa ten entre 1 e 3 anos, inscríbete antes do 10 de abril e fai despegar o teu negocio!

O INJUVE (Instituto de la Juventud de España) lanza unha nova edición do Certame Nacional de Mozos Emprendedores 2025, unha iniciativa que busca apoiar o talento xuvenil e fomentar proxectos innovadores. Os dez mellores recibirán unha axuda económica de 20.000 euros cada un para consolidar o seu negocio.

REQUISITOS PARA PARTICIPAR

  • Ter ata 35 anos na data límite da presentación.
  • Posuír nacionalidade española ou residencia legal en España.
  • Ser responsable dunha empresa con entre 1 e 3 anos de antigüidade.
  • No caso de persoas xurídicas, polo menos o 51% do capital debe pertencer a mozos de ata 35 anos.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 10 de abril de 2025. Así, existen dous procesos de inscrición diferenciados:

  • Persoas físicas: A través da Sede Electrónica do Ministerio de Mocidade e Infancia, rexistros electrónicos, oficinas de rexistro físicas, oficinas de Correos ou representacións diplomáticas no estranxeiro.
  • Persoas xurídicas: Exclusivamente por medios electrónicos, mediante a Sede Electrónica ou o rexistro electrónico.

CRITERIOS DE VALORACIÓN

Este Certame ten como finalidade apoiar proxectos innovadores, polo que só se terán en conta os que acheguen ese carácter de innovación.

A innovación poderá ser:

  1. Innovación de produto: introdución dun ben,  produto ou servizo novo, cun alto grao de mellora en relación ás súas características ou ao seu uso.
  2. Innovación de proceso: implantación dun método de produción ou distribución novo ou cun alto grao de mellora. 
  3. Innovación de marketing: implantación dun novo método de comercialización que leve consigo importantes melloras no deseño do produto ou na súa presentación ou na súa política de posicionamento, promoción ou prezo.
  4. Innovación organizacional: implantación dun novo método de organización aplicado ás prácticas de negocio, ao lugar de traballo ou ás relacións externas da empresa.

Aplicaranse os seguintes criterios de valoración: 

a) Modelo de negocio, sustentabilidade e potencialidade de crecemento (ata 10 puntos). 

b) Resultados económicos, tanto los obtidos ata agora como os esperados (ata 10 puntos). c) O carácter innovador e orixinal do proxecto e o uso de novas tecnoloxías (ata 10 puntos). d) A creación de emprego (hasta 5 puntos). 

e) Prospección, apertura e presenza en mercados internacionais (ata 5 puntos).

MÁIS INFORMACIÓN

Accede aquí á convocatoria e anexos de solicitude

Para calquera dúbida sobre o proceso de rexistro, pódese contactar a través do correo sedeelectronica@injuve.es, e para consultas sobre a convocatoria, no enderezo emprendimiento@injuve.es.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *