Estas subvencións buscan impulsar o sector escénico en Galicia mediante o apoio a festivais de artes escénicas de carácter profesional. Entre outros, os obxectivos da Axencia Galega das Industrias Culturais son: promover e difundir a creación escénica galega, fomentar a demanda no sector, apoiar o labor creativo de autores, dramaturgos, intérpretes e outros profesionais do sector, etc.
BENEFICIARIOS
Poderán solicitar estas axudas:
- Persoas físicas ou xurídicas privadas e as súas agrupacións domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade en Galicia e que leven a cabo festivais obxecto da convocatoria.
- Entidades locais galegas, que poderán presentar a súa solicitude de forma individual ou conxunta, como agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou outra forma similar. Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, deberase acreditar que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.
Asociacións, fundacións ou outras formas xurídicas sen ánimo de lucro, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas que carezan de personalidade xurídica propia, tales como comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado.
ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES
Será subvencionable a organización e celebración dun festival de artes escénicas sempre que cumpra cos seguintes requisitos:
- Ser celebrado entre o 1 de novembro de 2024 e o 31 de outubro de 2025. Enténdense incluídos os festivais iniciados ata o 31 de outubro de 2025 que desenvolvan a maior parte da actividade neste período.
- Ter unha antigüidade de, polo menos, dúas edicións, excluída a edición que se presenta a esta convocatoria.
- Contar cun orzamento mínimo de contratación artística do 40% do orzamento subvencionable.
- A contratación de compañías galegas ten que supoñer, como mínimo, o 30% do orzamento de contratación artística do festival, agás no caso daqueles festivais que polas súas características intrínsecas non poidan acadar esta porcentaxe e se xustifique debidamente.
- Un mínimo do 60% das representacións escénicas teñen que ser con entradas de pago, excepto os festivais de rúa.
- A programación debe estar conformada por un mínimo de seis compañías.
Por outra banda, consideraranse gastos subvencionables os seguintes:
- Gastos de promoción, difusión e publicidade: carteis, dípticos, anuncios, deseño de imaxe do evento, promoción en redes sociais, …
- Alugamento de espazos para o desenvolvemento do evento.
- Servizos profesionais e equipamentos técnicos necesarios para o evento.
- Cachés de compañías participantes no evento.
- Dotación de premios outorgados polo festival.
- Gastos de viaxes a aloxamento das persoas participantes nas actividades complementarias incluídas no festival, excluídas as manutencións.
- Gastos derivados da xestión dos dereitos de autor.
- Custos de persoal asociado ao evento, cun importe máximo do 30% do custo do proxecto.
CONTÍA DA AXUDA
Ata un 60 % do orzamento subvencionable, cun límite máximo de 60.000 euros por solicitante.
No caso de solicitudes conxuntas de entidades locais ou entidades resultantes dunha fusión municipal, a porcentaxe pode chegar ata un 85 % do orzamento subvencionable, respectando sempre o límite máximo de 60.000 euros.
Axuda en réxime de minimis.
PRAZO
O prazo para a presentación de solicitudes comezará o 26 de marzo de 2025 e estará aberto ata o 25 de abril de 2025.
MÁIS INFORMACIÓN
Acceder ao procedemento de tramitación: CT213A
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.