A través desta convocatoria da Xunta de Galicia, outórganse de subvencións para gastos de viaxe, aloxamento e manutención a persoas físicas ou xurídicas, que sexan escritoras, ilustradoras, tradutoras ou editoras e que desenvolvan o seu traballo no sector do libro e no ámbito da Comunidade Autónoma galega, facilitando a súa participación en actividades do devandito sector que se celebren desde o 1 de xaneiro ata o 15 de decembro de 2025.
Así, serán subvencionables os gastos de viaxe referidos ao aloxamento e transporte que permitan a asistencia fóra de Galicia, ata un máximo de dúas actividades por solicitante, realizadas no sector do libro por parte de persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras. Estas actividades poden ser feiras, festivais, seminarios, encontros, obradoiros e estadías creativas.
No caso das empresas editoras poderán enviar ás actividades subvencionadas a dúas persoas traballadoras, previamente designados pola empresa e que figuren na solicitude (podendo ir a mesma persoa a dous eventos, dúas persoas a un único evento ou dúas persoas a un evento cada unha).
Beneficiarios
Persoas físicas, sexan autónomas ou non, ou xurídicas, que sexan escritoras, ilustradoras, tradutoras ou editoras que acrediten esta condición e desenvolvan o seu traballo no sector do libro maioritariamente no ámbito da Comunidade Autónoma galega, que cumpran, ademais, todos os seguintes requisitos debidamente acreditados:
a) Terse rexistrado, asistido ou participado nunha actividade subvencionable realizada no sector do libro fóra de Galicia, no prazo establecido na presente convocatoria.
b) Acreditar o desenvolvemento do seu traballo no sector do libro maioritariamente no ámbito da Comunidade Autónoma galega.
c) Ter publicado obra en Galicia, polo menos unha obra, como persoa escritora, ilustradora, tradutora ou editora, para a cal se solicita a subvención, nos cinco anos anteriores á publicación da presente orde.
Requisitos adicionais:
As persoas xurídicas deben acreditar a condición de editoras ou tradutoras de acordo con o establecido na presente orde, para o que deberán estar dadas de alta, antes do 1 de xaneiro de 2025, no epígrafe 476.1 de edición de libros ou no 774, de tradutores e intérpretes, do imposto de actividades económicas.
Exclusións:
Non poden beneficiarse das axudas recollidas nesta orde aquelas solicitantes que se atopen nos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Gastos subvencionables e importes
- Serán subvencionables os gastos imprescindibles e directamente relacionados coa actividade, realizados entre o 1 de xaneiro e o 15 de decembro de 2025, sempre que haxa crédito dispoñible.
- Serán subvencionables os gastos de viaxe (aloxamento e transporte) para asistir a un máximo de dous eventos do sector do libro, sempre que se xustifiquen documentalmente, cos seguintes importes.
- Para eventos en España, agás a Comunidade Autónoma galega: 500 €.
- Eventos no resto de Europa ou países ribeiregos do mediterráneo: 900 €.
- Para eventos no resto do mundo: 1.600 €.
Para o establecemento da contía que se pode percibir en concepto de gasto de viaxe valorarase, exclusivamente, a xustificación documental dos gastos de aloxamento e transporte.
Quedan expresamente excluídos desta subvención os gastos de manutención ou calquera outro gasto que non se refira de xeito indubidable ao obxecto da subvención.
Prazo
O prazo para presentar as solicitudes de axuda abre o 17 de marzo e remata o 1 de xullo de 2025.
Máis información
- Código de procedemento: CT221A
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.