Convócanse axudas para o sector editorial galego, relativas a gastos de edición, distribución e comercialización das publicacións editoriais neste ano 2024.
Se tes unha empresa editorial xa podes solicitar as axudas para a tradución de libros en galego a outras linguas e a tradución ao galego de obras publicadas orixinariamente noutros idiomas tanto en papel como en formato dixital, enmarcadas dentro do Plan de impulso ao libro galego.
Se te deches de alta como autónomo recentemente ou estás pensando en emprender no 2024, a partir do 16 de xaneiro, poderás solicitar as axudas do “PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO E A COTA CERO” que acaba de publicarse e solicitar a devolución das cotas de autónomos durante os primeiros 12 meses.
Amplíase o prazo das axudas destinadas á dixitalización de empresas incluidas no Bono Kit Dixital por parte do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.
O INEGA publica a convocatoria para 2024 dos “BONOS ENERXÍA” destinada ás PEMES e AUTÓNOMOS con actividade económica nos eidos do comercio, hostalería, artístico-recreativa e outros servizos que leven a cabo proxectos de mellora enerxética realizados entre o 1 de xaneiro e o 2 de outubro do 2024.
Convocadas subvencións do Ministerio de Cultura para a publicación de libros en calquera das linguas oficiais españolas, de signos, en sistema braille ou audiolibros, co fin de contribuír ao enriquecemento bibliográfico español e estimular a lectura. Se tes unha empresa editorial, non as deixes escapar e solicita a túa axuda antes do 5 de xaneiro.