AXUDAS PARA EMPRESAS EDITORIAIS 2025

Convócanse para o 2025 axudas para o sector editorial galego, coa finalidade de fortalecer a produción, a promoción e a internacionalización do libro en galego, coas que poderán subvencionarse, entre outros, os gastos de edición e impresión de libros. Se formas parte do sector e buscas apoio para os teus proxectos, esta é a túa oportunidade para avanzar con forza no mercado editorial. Consulta os requisitos!

O sector editorial segue a ser un piar fundamental na difusión da cultura e o coñecemento. Para impulsar o seu crecemento e modernización, a Xunta de Galicia abre a presente convocatoria para a concesión de subvencións a persoas físicas ou xurídicas que teñan a condición de editoras. A súa finalidade é apoiar o sector editorial galego nos gastos de edición, publicación, distribución e comercialización de obras publicadas entre o 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025, tanto en galego como noutros idiomas. 

As axudas cubrirán custos de autoría, corrección, impresión, dixitalización, transporte e promoción, sempre que sexan necesarios e estean directamente vinculados coa actividade subvencionada. 

Beneficiarios

Persoas físicas ou xurídicas que acrediten a condición de editoras, para o que deberán estar de alta antes do 1 de xaneiro de 2025 no epígrafe 476.1 (edición de libros) do imposto de actividades económicas e que conten cun departamento de edición en Galicia tamén antes desa data.

Gastos subvencionables

  • Gastos de edición (produción), incluíndo gastos de autoría, corrección, revisión, maquetación ou calquera outro gasto de similar natureza.
  • Gastos de publicación: custos de preimpresión, impresión e dixitalización.
  • Gastos de distribución: transporte e calquera outro gasto que permita a chegada da obra ás canles de difusión (físicas ou dixitais).
  • Gastos de comercialización, como campañas de márketing e/ou publicidade.

Condicións dos libros obxecto de subvención

  • Estar editados en Galicia e cuxa produción sexa comercializada a través de librarías ou doutras plataformas de distribución, física ou dixital.
  • A edición, distribución e comercialización das obras deberase realizar entre o 01.10.2024 e o 30.09.2025, ambos incluídos.
  • Ter unha tiraxe mínima, incluídas reimpresións dentro do período establecido no punto anterior, de 400 exemplares, agás as obras de poesía, teatro e ensaio, que poderán ter un mínimo de 200 exemplares por tiraxe.
  • Ser unha primeira edición dunha obra inédita, ou ben dunha obra cuxa última edición, na lingua que se propón publicar, teña unha antigüidade de máis de 15 anos.
  • Posuír un mínimo de 60 páxinas por exemplar, excepto os libros infantís, de teatro e de poesía
  • Calquera outro tipo de publicación na que concorran as características establecidas na convocatoria de subvencións regulada por estas bases.

Unha obra que estea editada en varias encadernacións (rústica, cartoné, etc) só poderá presentarse nunha delas e cada editorial poderá solicitar axuda para un máximo de 15 libros. 

Exclusións

  • Todos os libros de texto sen excepción, calquera que sexa o nivel ou tipo de ensino, os libros de exercicios e prácticas e as correspondentes claves de exercicios e libros do profesor, os temarios de oposicións, así como enciclopedias e dicionarios.
  • Os libros editados con algunha institución ou organismo público.
  •  As obras editadas en fascículos.
  • Os libros conceptuados como de bibliófilos
  • Todas as edicións facsímiles sen excepción, calquera que sexa a súa temática ou tipoloxía.
  • Os libros editados polos seus autores
  • As obras que, editadas por clubes do libro e empresas similares, só son alcanzables aos respectivos socios ou adheridos, e os editados expresamente para a venda a prazos
  • Os álbums, recortables, libros de pintar e colorear, cadernos de caligrafía e de exercicios e, en xeral, todos aqueles en que se teña que traballar.
  • Os catálogos de exposicións.
  • Os anuarios, publicacións periódicas e separatas ou números monográficos destas
  • As fotocopias encadernadas en forma de libro.
  • Os volumes soltos que formen parte dunha obra completa no caso de que non se comercialicen por separado
  • As reimpresións de obras.
  • As obras subvencionadas con cargo á convocatoria anterior desta orden
  • Os gastos de tradución.

Contía das axudas

A dotación total da subvención distribuirase entre os libros que cumpran os requisitos que establece esta orde. O importe de subvención por beneficiario determinarase en función do investimento presentado e de acorde coas seguintes porcentaxes:

 Ata 6.500€ de investimento por obra/libroMáis 6.501€ de investimento por obra/libro
Obra en galegoAta 80%Ata 90%
Obra noutra linguaAta 50%Ata 60%

O importe máximo adxudicado a cada editorial non pode superar os 25.000€.

Prazo

O prazo para solicitar estas axudas comeza o 12 de marzo e finaliza o 11 de abril de 2025.

Mais información

ORDE do 24 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o sector editorial galego, relativas a gastos de edición, distribución e comercialización das publicacións editoriais no ano 2025, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT238A).

Código de procedemento: CT238A

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *