Se es autónomo ou tes unha pequena empresa, con máis de tres anos e medio de actividade, e estás pensando en facer melloras no local, comprar algún equipamento ou modernizar o teu negocio, xa podes beneficiarte do bono de persoas autónomas 2023. Bótalle unha ollada á última convocatoria.
Xa podes solicitar a axuda do programa impacto autónomo. Este programa está dirixido a minimizar o impacto da suba dos custos das materias primas e das subministracións que afectan e condicionan a actividade económica das persoas autónomas e das microempresas.
Coñece os dez domingos e festivos nos que a Consellería de Economía, Industria e Innovación autoriza a apertura dos establecementos comerciais durante o ano 2023.
Tes unha idea? ViaGalicia, a aceleradora de proxectos innovadores e invertibles, abre o seu prazo de presentación para optar a formar parte da súa sétima edición.
Tes un proxecto musical e gustaríache darlle un impulso? Se tes un grupo musical, es cantante ou instrumentista
ou tes xa unha empresa relacionada co sector musical, podes adherirte a este programa de Agadic, que che
axudará a desenvolver a túa carreira e consolidar o teu proxecto!