Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as seguintes persoas que, residindo fóra de España con nacionalidade española, establezan a súa residencia na Comunidade Autónoma galega:
- As persoas galegas e nacidas en Galicia.
- Os/as cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal das persoas galegas e nacidas en Galicia.
Requisitos dos beneficiarios
Requisitos que deberán cumprirse e acreditarse na data da presentación de solicitudes:
- Acreditar a condición de persoa beneficiaria.
- Estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno a España.
- Ter residido no estranxeiro e que a data do retorno a España sexa a partir do 1 de xaneiro de 2021, incluído.
- Estar de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade do colexio profesional, en todo caso, con anterioridade á presentación da solicitude.
- Residir e exercer a súa actividade empresarial ou profesional na Comunidade Autónoma de Galicia segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
- Ter o domicilio fiscal en Galicia.
- Non ter sido beneficiaria desta axuda ao abeiro de anteriores convocatorias.
- Non incorrer en ningunha das circunstancias e prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria de subvencións enumeradas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Quedan excluídos os autónomos colaboradores
Contía máxima da subvención
Establécese unha contía da subvención de 6.000 €. O importe da subvención incrementarase no caso de concorreren as seguintes situacións e nos seguintes importes, que serán acumulables:
- No caso de que a persoa solicitante sexa muller: 1.000 €.
- No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural: 3.000 €.
O importe máximo da subvención concedida será de 10.000 euros.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
- Documentos xustificativos do nacemento en Galicia da persoa solicitante e ademais, no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite o vínculo con esta.
- Baixa consular, certificado de persoa emigrante retornada, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, ou calquera outra documentación que acredite, de xeito fidedigno, a residencia no exterior e a data de retorno a España.
- Alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou alta na mutualidade do colexio profesional que corresponda, na cal se recolla o réxime da Seguridade Social e a data en que tivo lugar a alta.
- Certificado do colexio profesional de data de alta no dito colexio, con indicación de se presupón ou non exercicio da actividade e certificado da mutualidade do colexio profesional, con indicación dos períodos de alta nela, se é o caso.
- Alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados/as tributarios/as da Axencia Estatal de Administración Tributaria (modelo 036 ou 037), no que debe figurar a data da alta, o domicilio fiscal e a localización do establecemento da actividade.
- Plan de negocio empresarial segundo o modelo do anexo II. Este plan deberá ter informe da súa viabilidade económica e financeira de entidade independente, entre as cales figuran os/as axentes de emprego e desenvolvemento local e a Unidade de Galicia Emprende do Igape. Neste último caso o informe solicitarase a través da aplicación establecida no enderezo da internet: http://www.tramita.igape.es (procedemento PE001).
- Cando a actividade se desenvolva a través dunha empresa, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención e deberán achegar:
- Escritura pública de constitución da entidade ou contrato privado onde conste a porcentaxe de participación das persoas socias, segundo o caso.
- Inscrición da entidade no rexistro correspondente, se é o caso.
- Anexo IV de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas.
Prazo
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 14 de Abril e rematará o 29 de setembro de 2023.
Máis información
Acceder ao procedemento de tramitación:
- Código de procedemento PR937A.
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.