AXUDAS PARA A POSTA EN MARCHA DE CASAS DO MAIOR, PARA OS ANOS 2023 E 2024

Se vives nunha zona rural e tes en mente emprender un negocio no ámbito da atención ás persoas maiores , estas axudas interésanche.

A Xunta de Galicia acaba de publicar as bases reguladoras e a convocatoria dunha liña de subvencións destinadas a persoas físicas ou cooperativas de traballo asociado para a posta en marcha de casas do maior nos anos 2023 e 2024 en concellos rurais.

A través desta convocatoria subvencionaranse parte dos gastos da posta en marcha e funcionamento de casas do maior destinadas á atención de mulleres e homes maiores de 60 anos de idade, en situación de dependencia grao I ou para persoas maiores sen dependencia, que se establezan en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia de menos de 5.000 habitantes e que non conten con recurso de atención diúrna en funcionamento.

Beneficiarias

Persoas físicas que se establezan como empresarios autónomos ou que constitúan cooperativas de traballo asociado que reúnan os seguintes requisitos:

a) Estar en posesión, da formación ou experiencia seguintes:

  1. Grao en Medicina. 
  2. Grao en Enfermaría. 
  3. Título de técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría,
  4. Título de técnico de Atención a Persoas en Situación de Dependencia.
  5. Título de técnico superior en Integración Social.
  6. Certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
  7. Certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou o equivalente Certificado de profesionalidade da ocupación de auxiliar de axuda a domicilio ou, calquera outro certificado que se publique cos mesmos efectos profesionais. 
  8. Diploma que acredite a realización de cursos de formación integral e/ou complementaria para futuros profesionais da casa do maior. O curso terá unha duración de 30 horas e será impartido pola Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria. 
  9. Habilitación para profesionais pertencentes ás categorías de persoal coidador, xerocultor, auxiliar de axuda no fogar e asistente/a persoal nos centros e servizos sociais do Sistema para a autonomía e atención á dependencia pola que se regula o procedemento de obtención das habilitacións para profesionais pertencentes ás categorías de persoal coidador, xerocultor, auxiliar de axuda no fogar e asistente/a persoal nos centros e servizos sociais do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Residir en concellos que non dispoñan de recursos de atención diúrna a persoas maiores, nos cales se promova o establecemento da casa do maior, ou telo feito nos cinco anos anteriores á posta en marcha do proxecto.

Accións subvencionables

1. Serán subvencionables os gastos para a prestación da atención individualizada dos maiores de 60 anos, en situación de dependencia grao I, e das persoas sen dependencia.

2. Os gastos destinados á adaptación e/ou obras de reforma do inmoble destinada a servir de casa do maior, así como o seu equipamento e dotación material. O mobiliario, electrodomésticos e materiais didácticos poderán ser de segunda man, sempre que estean en perfecto estado de uso e conste unha declaración de quen os vende sobre a orixe dos bens e sobre que estes non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria, e que o prezo non sexa superior ao valor de mercado e ao custo dos bens novos similares; acreditaranse estes requisitos do prezo mediante certificación de taxación independente.

  • En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado. Así mesmo, deberán estar pagados con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido para o ano 2023.
  • Estes gastos, para teren o carácter de subvencionables, deberán ser necesarios.
  • Os gastos previstos deberán ser especificados na solicitude.
  • Os gastos periciais para a realización do proxecto serán subvencionables se están directamente relacionados coa actividade e son indispensables para a súa adecuada preparación ou execución.
  • En ningún caso serán considerados gastos subvencionables os xuros debedores das contas bancarias, os xuros, recargas e sancións administrativas e penais, os gastos de procedementos xudiciais, os impostos e/ou taxas derivadas da obtención de licenzas municipais, nin os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda.

Contía 

  • As Axudas para gastos de investimento consistirán nunha subvención de ata o 100% dos gastos cun límite máximo global por casa do maior de 15.000€. Consideraranse aqueles gastos en que a persoa promotora da casa do maior incorra para a reforma e adaptación da vivenda destinada a servir de casa do maior, así como o seu equipamento e dotación material sempre que sexan necesarios.
  • Polo desenvolvemento das actividades do proxecto, que consistirá nunha achega económica de 19.600 €/ano en forma de prima destinada a apoiar esta iniciativa emprendedora ao comezo da súa andaina. Este importe minorarase proporcionalmente en función dos meses efectivos de funcionamento.
  • Adicionalmente, no caso de que as persoas promotoras da casa do maior opten por asumir o desprazamento das persoas usuarias, percibirán un máximo de dez (10) euros por persoa e día.

Prazo 

O prazo para a  presentación de solicitudes estará aberto dende o 24 de abril ata o 24 de maio de 2023.

Máis información

Consulta a ORDE do 11 de abril de 2023 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2023 e 2024, e se procede á súa convocatoria.

Acceder ao procedemento de tramitación:

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *