SUBVENCIÓNS PARA ACTUACIÓNS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN EMPRESAS TURÍSTICAS

AMPLIADO O PRAZO ATA O 29 DE MAIO! Se o teu aloxamento turístico precisa de melloras no tocante a consumo e eficiencia enerxética, tes un novo prazo para solicitar estas subvencións.

Subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas en réxime de concorrencia non competitiva. 

A través desta liña, as empresas turísticas poderán  recibir axudas para a realización de actuacións de eficiencia enerxética que impulsen a economía circular en edificios completos cuxo uso sexa o aloxamento turístico. Están incluídas as seguintes tipoloxías: hoteis, pensións, establecementos de turismo rural, albergues turísticos e apartamentos turísticos. Quedarán excluídos os establecementos de aloxamento turístico que ocupen parcialmente un edificio.

Beneficiarias

  1. As pequenas e medianas empresas (pemes), sempre que teñan residencia fiscal en España, e se encadren nalgún dos seguintes colectivos:
  • As persoas físicas ou xurídicas de natureza privada que sexan propietarias de edificios existentes destinados a aloxamento turístico.
  • As empresas explotadoras, arrendatarias ou concesionarias de edificios destinados a aloxamento turístico, que acrediten a dita condición mediante contrato vixente que lles outorgue facultade expresa para acometer as obras de reforma obxecto desta orde
  1. As entidades solicitantes deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT). Os datos que figuran no REAT relativos ao establecemento, á súa titularidade e á representación, teñen que coincidir cos datos achegados pola persoa solicitante da subvención. No caso de que o/a representante legal non sexa o/a mesmo/a que o/a que figura no REAT, deberá acreditarse esta condición coa presentación da solicitude.
  1. Para os efectos das axudas de minimis , conforme á normativa aplicable, enténdese por empresa calquera entidade que exerza unha actividade económica, con independencia da súa natureza xurídica e da súa forma de financiamento. 
  1. As persoas físicas deberán posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo ou Suíza. No caso de estranxeiros non comunitarios, deberán ter o seu domicilio fiscal e centro operativo permanente en España e mantelos, polo menos, durante o período de prestación das actividades obxecto da subvención.
  1. As persoas xurídicas de natureza privada, para ser beneficiarias, deberán acreditar que se atopan debidamente constituídas.
  1. Deberán atoparse ao día no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social.
  1. Non poderán obter a condición de persoa ou entidade beneficiaria destas axudas:
  • Quen incorra nalgunha das circunstancias previstas no artigo 21 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, aprobado mediante o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.
  • As empresas que se atopen en situación de crise, conforme a definición que para estes efectos se realiza no Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño de 2014, e nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas non financeiras en crises (Comunicación da Comisión, 2014/C 249/1, do 31 de xullo de 2014).
  • As empresas que se atopen suxeitas a unha orde de recuperación pendente sobre calquera axuda ou subvención que lles fose outorgada con anterioridade, ben por declararse axuda ilegal e incompatible co mercado interior, ben por calquera tipo de incumprimento das obrigacións que lles viñesen atribuídas na concesión.
  1. As persoas e as entidades beneficiarias deberán destinar o importe íntegro da axuda ao pagamento das correspondentes actuacións subvencionables.

Actuacións subvencionables 

  1. As actuacións subvencionables  desta resolución e encadrarse nunha ou varias das seguintes tipoloxías: 
  • Tipoloxía 1: Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica. 
  • Tipoloxía 2: Mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria; incluída a instalación de redes de calor e frío alimentadas por fontes de enerxía renovable e/ou calor residual para complexos turísticos de varios edificios.
  • Tipoloxía 3: Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.
  1. Os investimentos deberán realizarse en edificacións existentes e construídas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2007, sempre que sexan edificios completos cuxo uso sexa o aloxamento turístico: hoteis e pensións, establecementos de turismo rural, albergues turísticos e apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia.
  1. Estas actuacións deberán alcanzar as dúas condicións seguintes:
  • Unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable do 30 %.
  • A mellora da cualificación enerxética total do edificio en, polo menos, unha letra medida na escala de emisións de dióxido de carbono (kg CO2 /m2 ano). Non será de aplicación cando o edificio acredite ter unha cualificación enerxética A.

Axudas e contía

  1. As axudas que se concedan serán a fondo perdido, tendo como finalidade o cumprimento das actuacións subvencionables correspondentes.
  1. A axuda na contía que se estableza na resolución da concesión correspondente, será outorgada á persoa destinataria última das axudas que teña xustificado en tempo e forma o cumprimento da actuación subvencionable, conforme os requisitos e condicións establecidos na correspondente convocatoria.
  1. A intensidade da axuda será a suma da axuda base e da axuda adicional que puidese corresponder en función do cumprimento dos criterios que se indican no punto 5.
  1. A contía da axuda determinarase aplicando as porcentaxes indicadas a continuación sobre o custo elixible da actuación, e o seu cálculo realizarase seguindo o procedemento que figura no anexo IV, para cada unha das tipoloxías de actuación, sen que a suma da axuda base e a axuda adicional poidan superar a intensidade de axuda ou o importe de axuda máis elevados aplicables á devandita axuda.
Contía das axudas ás persoas beneficiarias
  1. A axuda adicional graduarase en función da concorrencia de criterios engadidos de eficiencia enerxética ou actuacións integradas das tipoloxías de actuación: 
  • Eficiencia enerxética: terán dereito a unha axuda adicional por mellora da eficiencia enerxética, aquelas actuacións que eleven a cualificación enerxética do edificio para obter unha clase enerxética «A» ou «B», na escala de CO2 , ou ben, incrementen en dúas letras a cualificación enerxética de partida.
  1. A intensidade da axuda non debe exceder do 30 % dos custos subvencionables, podendo incrementarse nun 20 % adicional para pequenas empresas e nun 10 % para medianas empresas. 
  1. A intensidade da axuda poderá ser do 100 % cando a axuda se conceda ao abeiro do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. 

Prazo 

O prazo para a presentación da solicitude estará aberto ata o 29 de maio de 2023.

Máis información

Consulta a RESOLUCIÓN de 25 de noviembre de 2022 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión, en régimen de concurrencia no competitiva, de subvenciones para actuaciones de eficiencia energética en empresas turísticas, incluidas en el Plan de modernización y competitividad del sector turístico del Plan de recuperación, transformación y resiliencia financiado por la Unión Europea-NextGenerationEU, y se procede a su convocatoria por anticipado de gasto para el año 2023

Acceder ao procedemento de tramitación:

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *