Se tes un aloxamento turístico ou unha axencia de viaxes e queres incentivar o turismo e as ventas durante este outono, adhírete ao programa #DescubreGaliciaenOutono
Queres que o teu comercio sexa respectuoso co medio ambiente e circular? Con este programa de subvencións para a adquisición de solucións sustentables de envasado e empaquetado, estarás máis cerca de conseguilo!
Se te dedicas a creación literaria nalgunha das súas facetas (escritura, tradución, deseño gráfico ou ilustración), desenvolves o teu traballo en Galicia e tes interese en participar nunha estadía en residencias literarias fóra de Galicia, esta convocatoria interésache.
A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) lanza as liñas Deseñapeme e Innovapeme, co fin de que as empresas galegas poidan mellorar a súa capacidade de innovación, a través da concesión de axudas de ata o 50% do custo de plans de deseño e plans de innovación.
Xa se pode solicitar os novos “bonos talento empresa”, destinados á realización de actividades formativas non formais e de curta duración por parte das empresas galegas dirixidas a mellorar as capacidades e o desenvolvemento profesional do seu persoal.
Nota: Ampliación do prazo ata o 3 de novembro de 2023 (incluído).