Etiqueta axudas

SUBVENCIÓNS 2025 ÁS EMPRESAS CUALIFICADAS COMO IEBT

A Xunta de Galicia activa o programa de axudas IEBT 2025 para impulsar proxectos tecnolóxicos con futuro, que inclúe varias liñas de apoios: creación de emprego estable, posta en marcha da actividade, conciliación das persoas promotoras e/ou apoio á función xerencial. Xa podes solicitalas para emprender con forza e transformar coñecemento en emprego.
Continuar leyendoSUBVENCIÓNS 2025 ÁS EMPRESAS CUALIFICADAS COMO IEBT

COOPERA RURAL: EMPRENDEMENTO EN COOPERATIVA

Queres formarte para emprender ou fortalecer unha iniciativa no ámbito rural galego? A Unión de Cooperativas EspazoCoop lanza o programa “Coopera Rural”, unha oportunidade formativa totalmente gratuíta e en liña, dirixida a persoas interesadas en crear ou consolidar proxectos cooperativos no ámbito rural e/ou coñecer as posibilidades e vantaxes do emprendemento en cooperativa.
Continuar leyendoCOOPERA RURAL: EMPRENDEMENTO EN COOPERATIVA

AXUDAS 2025 PARA A TRADUCIÓN DE LIBROS EN GALEGO A OUTROS IDIOMAS

A Consellería de Cultura abre unha nova liña de subvencións dirixidas a apoiar a tradución de obras literarias publicadas orixinalmente en galego a outras linguas. Esta convocatoria busca reforzar a proxección exterior da creación literaria galega, facilitando o acceso das autoras e autores a novos públicos e mercados internacionais.
Continuar leyendoAXUDAS 2025 PARA A TRADUCIÓN DE LIBROS EN GALEGO A OUTROS IDIOMAS

PROGRAMA PEME INNOVA 2025

Queres que a túa empresa medre a través da innovación? A Cámara de Comercio lanza o Programa PEME Innova 2025, un programa de axudas para pequenas e medianas empresas que queiran darlle un pulo á súa competitividade incorporando solucións que supoñan innovacións significativas nos produtos, servizos ou procesos. Non deixes pasar esta oportunidade!
Continuar leyendoPROGRAMA PEME INNOVA 2025