Convócanse os Santander X Award a Startups Universitarias 2025. Estes premios teñen como finalidade recoñecer os 93 proxectos máis prometedores vinculados a unha universidade, cun premio de 4.000€ para cada un.
REQUISITOS
Poderán ser candidatos a estes premios o representante ou equipo representante da Startup que cumpra, cando menos, un dos seguintes requisitos:
- Que un membro do equipo candidato sexa estudante ou graduado cunha antigüidade máxima de cinco anos desde o momento da súa graduación, nalgunha das universidades.
- Que un membro do equipo candidato sexa profesor universitario, investigador ou funcionario nalgunha das universidades.
- Que un membro do equipo candidato teña unha vinculación formal con algunha das universidades.
- Que un membro do equipo candidato sexa emprendedor ou mentor actual dentro dalgunha das universidades.
- No caso do CSIC, que un membro do equipo candidato sexa persoal investigador con vinculación contractual con dita institución.
Ademais, e en todo caso:
- Polo menos un membro do equipo candidato deberá ser residente en España.
- Os candidatos deberán cumprir cos criterios enumerados no apartado relativo á asignación dos premios.
Pola súa parte, as Startups deberán cumprir, polo menos, un dos seguintes requisitos:
- Estar xa facturando.
- Ter un equipo formado por un mínimo de dúas persoas e un máximo de 25, con contrato a tempo completo.
- Ter levantado capital semente por un máximo dun millón de euros en roldas de investimento.
UNIVERSIDADES
Esta convocatoria está dispoñible para un número concreto de universidades e institucións, destacando en Galicia as seguintes:
- Universidade da Coruña.
- Universidade de Santiago de Compostela.
- Universidade de Vigo.
PRAZO
O prazo de inscricións nos premios estará aberto ata o 23 de abril de 2025, seleccionándose os proxectos ganadores entre o 3 de xuño e o 2 de xullo de 2025.
MÁIS INFORMACIÓN
Consulta as bases dos premios.
O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.