A Consellería de Cultura, a través da Agadic, aprobou a convocatoria de subvencións da Rede Galega de Música ao vivo para que as salas privadas, habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais, contraten solistas e grupos galegos na súa programación musical de sala para a tempada 2024-2025.
Infórmate sobre as liñas de subvencións para promover a primeira experiencia profesional das persoas mozas menores de 30 anos mediante contratos formativos (axudas á contratación).
Co fin de preservar o patrimonio cultural de Galicia, a Xunta de Galicia convoca subvencións para colaborar no financiamento de intervencións que afecten proxectos arqueolóxicos de interese histórico de carácter privado.
Se te dedicas ao mundo da arte, podes optar a estas axudas para cubrir os gastos relacionados coa participación en feiras e mercados de arte fóra da nosa comunidade autónoma.
Se es autónomo ou tes unha empresa no municipio de Vigo non deixes pasar estas axudas destinadas á mellora da estabilidade laboral dos teus empregados e o fomento do emprego local.