A Axencia de Turismo de Galicia convoca subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, coa finalidade de fomentar a creación e desenvolvemento de iniciativas turísticas de calidade e sustentabilidade en Galicia. A convocatoria vai dirixida a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada que queiran poñer en marcha procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE, co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca «Q» de calidade Turística e/ou da marca «S» de Sustentabilidade Turística do instituto para la Calidad Turística Española y la Sostenibilidad (ICTES).
PERSOAS BENEFICIARIAS
- Persoas físicas ou xurídicas privadas, con categoría de PEME, titulares de establecementos ou servizos turísticos inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT).
- Concellos e as súas entidades instrumentais que xestionen os servizos públicos de competencia local.
A ter en conta:
- Os datos que figuran no REAT do establecemento teñen que coincidir cos indicados pola persoa solicitante na solicitude de subvención.
- No caso de entidades baixo unha mesma franquía, as axudas para os custos derivados dos dereitos de uso da marca «Q» deberán ser solicitados para cada unha das entidades individualmente.
GASTOS SUBVENCIONABLES
Considéranse subvencionables os seguintes gastos correspondentes ao ano 2024 e que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2024:
- Os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema, facturados pola entidade auditora acreditada polo ICTES para a realización da auditoría de certificación, seguimento ou renovación correspondente ao ano 2024, da marca «Q» de Calidade Turística e/ou a marca «»S» de Sustentabilidade Turística.
- Os custos derivados dos dereitos de uso da marca «Q» e/ou da marca «S» no ano 2024, unha vez acadada a certificación, seguimento e/ou renovación do establecemento, facturados polo ICTES ao establecemento.
En ningún caso se van subvencionar os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.
Poderá subcontratarse a actividade obxecto da subvención nun 100 %.
CONTÍA DAS AXUDAS
A porcentaxe máxima de axuda sobre o investimento subvencionable irá en función da puntuación acadada polo proxecto, coas seguintes contías:
PUNTUACIÓN | % AXUDA |
71-100 ptos. | 70 % |
41-71 ptos. | 65 % |
0-40 ptos. | 60 % |
Sen que podan superar os seguintes límites máximos.
CRITERIOS DE VALORACIÓN
Atendendo á localización do establecemento/servizo turístico: ata 10 ptos.
- Situación nun municipio que goza ou gozou dun plan de dinamización, excelencia, de produto turístico, competitividade, sustentabilidade turística e/ou SICTED en Galicia: 5 puntos.
- Que o establecemento/servizo turístico estea localizado nun municipio declarado de interese turístico pola Administración turística: 5 puntos.
Período de funcionamento do establecemento: 12 puntos
- No caso das praias, valorarase o tempo con que conta a praia co servizo de salvamento ao longo do ano.
- No caso doutros recursos naturais, espazos senlleiros e rutas turísticas, outorgaranse 12 puntos.
Tempo de actividade turística do recurso ou establecemento: ata 10 puntos.
- Ano de apertura de 2024 a 2004: 2 puntos.
- Ano de apertura de 2003 a 1983: 6 puntos.
- Apertura anterior a 1983: 10 puntos.
As praias e recursos naturais e espazos senlleiros valoraranse coa puntuación máxima nesta epígrafe (10 puntos).
Uso das TIC polo establecemento: ata 10 puntos.
- Dispoñibilidade de páxina web propia do establecemento/servizo turístico: 3 puntos.
- Uso de redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram …): 3 puntos.
- Compra e/ou reserva de servizos en liña desde a web do establecemento/servizo turístico: 3 puntos.
- Dispoñibilidade de APP propias para smartphones e/ou tabletas: 1 punto.
Que o establecemento/servizo turístico solicitante acredite o seu compromiso coa xestión da calidade, seguridade e sustentabilidade: ata 48 puntos.
- Por cada ano que o establecemento/servizo turístico acredite a súa certificación coa marca «Q» ou «S», dous puntos por ano ata un máximo de 30 puntos.
- Acreditando o distintivo Galicia Calidade: 4 puntos.
- Acreditando o distintivo de boas prácticas de compromiso de calidade turística concedido por un destino SICTED na Comunidade Autónoma de Galicia: 6 puntos.
- Acreditando unha certificación de pertenza en vigor ao Club de Produto Sustentable do Clúster Turismo de Galicia: 6 puntos.
- Acreditando unha certificación de calidade conforme a norma internacional ISO 9001: 1 punto.
- Acreditando unha certificación EFQM (European Foundation for Quality Management): 1 punto.
Que o establecemento acredite unha certificación ambiental internacionalmente recoñecida: ata 8 puntos.
- Acreditando unha certificación de calidade conforme a norma internacional ISO 14001: 2 puntos.
- Acreditando o distintivo Bandeira Azul (Blue Flag): 2 puntos.
- Acreditando o recoñecemento EMAS (Eco-Management and AuditScheme): 1 punto.
- Acreditando a concesión de Chave Verde (Green Key) da Unión Europea (Adeac), certificación Biosphere e/ou Carta Europea de Turismo Sustentable: 2 puntos.
- Acreditando outras certificacións ambientais emitidas por organismos oficiais galegos, españois e/ou internacionais acreditados por ENAC: 1 punto.
Que o establecemento solicitante acredite o seu compromiso coa xestión da accesibilidade: 2 puntos.
- Acreditando unha certificación de calidade conforme a norma internacional ISO 170001: 1 punto.
- Acreditando unha certificación de boas prácticas de accesibilidade, emitida por organismos oficiais galegos, españois e/ou internacionais: 1 punto.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Prazo de solicitude ata o 8 de xullo de 2024.
MÁIS INFORMACIÓN
Código de procedemento: TU970A.
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación só ten fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.