A Xunta de Galicia convocou recentemente 3 liñas de subvencións co obxectivo de impulsar e mellorar a competitividade da artesanía galega: unha liña de axudas para concellos de Galicia, outra liña de axudas para asociacións profesionais e empresariais de artesáns e unha terceira liña destinada a titulares de obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
Neste artigo centrámonos nesta terceira liña de axudas, dirixidas a persoas autónomas e pemes, da que extractamos os apartados fundamentais:
PERSOAS BENEFICIARIAS
- Titulares de obradoiros artesanais inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o último día de prazo establecido para a presentación de solicitude de subvención.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
Considéranse actuacións subvencionables a participación como expositor/a en feiras ou eventos artesanais, nacionais ou internacionais:
- Feiras profesionais de artesanía
- Feiras non profesionais
- Feiras profesionais e non profesionais do período do Nadal 2023/24.
Todas elas deberán ter indubidable interese comercial para o sector artesanal galego.
GASTOS SUBVENCIONABLES
Serán gastos subvencionables, no caso de obradoiros artesáns, os necesarios para a asistencia a feiras como expositor/a:
- Os que ocasione o alugamento do espazo expositivo que se contrata.
- Os seguros e aqueles servizos de carácter básico e obrigatorios sinalados polo regulamento da feira.
- O transporte do material explosivo realizado por un transportista profesional.
- No caso de feiras internacionais, os servizos de tradución e de transporte realizados por un transportista profesional.
MODALIDADE E CONTÍA DAS AXUDAS
Ata o 80% do gasto subvencionable por asistencia á feira.
No caso de non dispor da documentación acreditativa (facturas ou facturas proforma de gasto) da feira no momento da presentación da solicitude de subvención, a axuda consistirá nun tícket de impulso á comercialización (1 ticket por feira), coas seguintes contías e límites:
- Tícket de feira profesional cun importe máximo de axuda cada un de 500 €, 1.500 € e 3.000 € e cun máximo de 6 tíckets por obradoiro. A axuda concederase unicamente para a participación en feiras cuxo investimento subvencionable sexa igual ou superior a 500 €. A porcentaxe subvencionable por cada feira acadará o 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído), cun máximo de 3.000 € de axuda por feira.
- Tícket de feira non profesional cun importe máximo de axuda cada un de 400 € e 850 €, cun máximo de 6 tíckets por obradoiro. A axuda concederase unicamente para a asistencia a feiras cuxo investimento subvencionable (sen IVE) sexa igual ou superior a 400 €. Quedan excluídas de solicitar por tícket as feiras do período de nadal 2023/24. A porcentaxe subvencionable por cada feira acadará o 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído), cun máximo de 850 € de axuda por feira.
- Feiras de Nadal 2023/24. Dado que a asistencia a feiras do período de Nadal 2023/24 para as que se solicite subvención xa se realizou no momento da presentación da solicitude, deberá achegarse a documentación pertitente xunto a esta solicitude. Quedan excluídas as feiras de Nadal 2024/25. A axuda concederase unicamente para a asistencia a feiras cuxo investimento subvencionable (sen IVE) sexa igual ou superior a 400 €, cun máximo de 1.500 €, por feira e cun límite de 3 feiras para este período. O importe máximo de axuda para estas feiras de Nadal será do 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído).
O importe máximo de subvención para o conxunto de todas estas actuacións subvencionables non poderá superar 8.000 € (IVE excluído).
O pagamento da axuda realizarase unha vez que se xustifiquen os gastos que deberán sumar, como mínimo, o 40% da axuda concedida..
CRITERIOS DE VALORACIÓN
- Feiras profesionais nacionais e celebradas no estranxeiro: asistencia a un certame, 3 puntos; asistencia a dous ou máis, 4 puntos.
- Por exercer a actividade nun municipio rural:
- De menos de 5.000 habitantes: 2 puntos.
- De 5.000 a 10.000 habitantes: 1 punto.
- Por exercer a actividade nun concello fusionado: 2 puntos.
- Por exercer a actividade nalgún concello polo que transcorra algún dos camiños de Santiago: 2 puntos.
- Por contratar con provedores de empresas de inserción social nos últimos 3 anos ou ser titular ou ter no cadro de persoal persoas empregadas con capacidades diferentes ou por ter implantada algunha medida de responsabilidade social na xestión da actividade artesanal ou comercial: 1 punto.
- Por estar adherido ao programa de e-ticket dixital en marcha pola Xunta de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Comercio: 2 puntos.
- Por ser a persoa beneficiaria, ou a persoa representante da persoa xurídica beneficiaria, unha persoa cunha idade igual ou menor de 30 anos: 1 punto.
- Por ser a persoa titular do obradoiro ou a representante da sociedade unha muller: 1 punto.
- Por estar adherida ao sistema arbitral de consumo con carácter indefinido: 1 punto.
- Páxina web, perfís en redes sociais de uso comercial.
PRAZO
Desde o 28 de xuño ata o 29 de xullo de 2024.
MÁIS INFORMACIÓN
CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: IN201G
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.