Se estás interesado na dixitalización aproveita esta oportunidade de aprender con Victoria Delgado, mentora de xestión dixital, sobre o Email Marketing nunha poñencia on line gratuíta para sacarlle o máximo proveito a esta ferramenta.
A Consellería de Cultura, a través da Agadic, aprobou a convocatoria de subvencións da Rede Galega de Música ao vivo para que as salas privadas, habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais, contraten solistas e grupos galegos na súa programación musical de sala para a tempada 2024-2025.
Infórmate sobre as liñas de subvencións para promover a primeira experiencia profesional das persoas mozas menores de 30 anos mediante contratos formativos (axudas á contratación).
Se te dedicas a escribir, ilustrar, traducir ou editar e asistiches ou estás pensando en asistir a eventos relacionados con este mundo, xa podes solicitar as subvencións para a participación en actividades no sector do libro para o ano 2024.
Se levas dous anos ou máis organizando algún evento ou congreso de interese turístico na cidade de Vigo, infórmate das subvencións que vén de convocar o Concello de Vigo co obxectivo de promocionar o turismo local.