Etiqueta emprendemento

AXUDAS PARA O EMPRENDEMENTO DE MOZOS INSCRITOS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL

O obxecto destas bases reguladoras é establecer, en réxime de concorrencia competitiva, as bases para a concesión de subvencións en concepto de axudas dirixidas ao fomento do emprendemento de mozos, dun e outro sexo, de máis de dezaseis anos e menores de trinta anos que non teñan ningunha ocupación laboral nin se atopen estudando, inscritos no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Continuar leyendoAXUDAS PARA O EMPRENDEMENTO DE MOZOS INSCRITOS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL

AXUDAS PARA A POSTA EN MARCHA DE CASAS NIÑO

Apróbanse as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas para a posta en marcha de proxectos durante os anos 2022, 2023, 2024 e 2025, destinados á atención de nenas e nenos de ata tres anos de idade, mediante o establecemento dunha casa niño, nos núcleos rurais do territorio da CCAA de Galicia nos que non exista ningún outro recurso de atención continuada á infancia de ata 3 anos de idade.
Continuar leyendoAXUDAS PARA A POSTA EN MARCHA DE CASAS NIÑO

PROGRAMA II, DE INCENTIVOS ÁS EMPRESAS CUALIFICADAS COMO INICIATIVAS DE EMPREGO DE BASE TECNOLÓXICA

Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2022 dos incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT). As axudas destínanse a sufragar as accións, gastos e pagamentos producidos entre o 1 de outubro de 2021 e o 30 de setembro de 2022.
Continuar leyendoPROGRAMA II, DE INCENTIVOS ÁS EMPRESAS CUALIFICADAS COMO INICIATIVAS DE EMPREGO DE BASE TECNOLÓXICA

PROGRAMA I DE FOMENTO DO EMPREGO E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO PARA AS PEQUENAS EMPRESAS DE NOVA CREACIÓN

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar as subvencións establecidas pola Consellería de Emprego e Igualdade para o ano 2022, para o fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación, considerando como tal aquelas que inicien a actividade empresarial desde a data do 1 de agosto de 2021.
Continuar leyendoPROGRAMA I DE FOMENTO DO EMPREGO E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO PARA AS PEQUENAS EMPRESAS DE NOVA CREACIÓN

Os nosos servizos

O SAE, Servizo de Asesoramento a Emprendedores, é un dos principais servizos que prestamos na Mancomunidade da Área Intermunicial de Vigo (Maiv). Podes obter máis información no punto de información máis próximo do teu concello. Tamén podes atopar recursos na…

Continuar leyendoOs nosos servizos