Etiqueta emprendedor

PONT-UP STORE

Volve unha nova edición de Pont-Up Store, o evento de emprendemento promovido pola Universidade de Vigo que se desenvolverá en Pontevedra o 19 e 20 de setembro. Se iniciaches unha actividade emprendedora nos últimos 42 meses e buscas unha oportunidade para darte a coñecer nun espazo gratuíto, xa podes solicitar a túa participación, solicitando un stand ou formando parte de actividades orientadas a apoiar o emprendemento.
Continuar leyendoPONT-UP STORE

TALENTO LOCAL «NAVIA 3D»

Presentámosche a Navia 3D, un equipo que combina a innovación coa historia para dar unha nova vida ao patrimonio galego. A través de ferramentas dixitais avanzadas, traballamos para amosar como eran os nosos castros, igrexas e espazos históricos, achegando o pasado ao presente dunha forma accesible e impactante. Convidámoste a que vexas a súa entrevista no noso espazo de Talento Local para coñecer de cerca a súa profesión.
Continuar leyendoTALENTO LOCAL «NAVIA 3D»

AXUDAS ESTATAIS PARA A PRODUCCIÓN DE LONGAMETRAXES E DE CURTAMETRAXES

Se tes entre mans un proxecto de longametraxe ou curtametraxe e queres sacalo adiante con apoio público, esta é a túa axuda. O Ministerio de Cultura e Deporte pon en marcha unha liña de axudas estatais para apoiar a creación audiovisual con especial atención a obras con valor cultural, diversidade, accesibilidade ou dirixidas por mulleres.
Continuar leyendoAXUDAS ESTATAIS PARA A PRODUCCIÓN DE LONGAMETRAXES E DE CURTAMETRAXES

PROGRAMA PYME SOSTENIBLE 2025

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Tui convoca subvencións para o desenvolvemento de plans de apoio para impulsar a innovación en materia de sostibilidade no marco do Programa PYME SOSTENIBLE, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea.
Continuar leyendoPROGRAMA PYME SOSTENIBLE 2025

PROGRAMA PYME CIBERSEGURA 2025

É o momento de dar o paso cara a unha empresa máis segura. A Cámara de Comercio de Tui lanza unha nova convocatoria de axudas dirixida a empresas da súa demarcación para mellorar a súa ciberseguridade. O programa, denominado Pyme Cibersegura 2025, ofrece subvencións de ata o 60% para implantar plans de protección fronte aos riscos dixitais.
Continuar leyendoPROGRAMA PYME CIBERSEGURA 2025

SUBVENCIÓNS ÁS GALERÍAS DE ARTE PARA A PARTICIPACIÓN EN FEIRAS E MERCADOS DE ARTE FÓRA DE GALICIA 2025

Se tes unha galería de arte que desenvolve a súa actividade en Galicia, agora podes impulsar e promocionar o teu catálogo no exterior, con axudas de ata 4.000 € para participar en feiras e mercados de arte nacionais e de ata 8.000 € cando se trate de eventos internacionais.
Continuar leyendoSUBVENCIÓNS ÁS GALERÍAS DE ARTE PARA A PARTICIPACIÓN EN FEIRAS E MERCADOS DE ARTE FÓRA DE GALICIA 2025