PONT-UP STORE

Volve unha nova edición de Pont-Up Store, o evento de emprendemento promovido pola Universidade de Vigo que se desenvolverá en Pontevedra o 19 e 20 de setembro. Se iniciaches unha actividade emprendedora nos últimos 42 meses e buscas unha oportunidade para darte a coñecer nun espazo gratuíto, xa podes solicitar a túa participación, solicitando un stand ou formando parte de actividades orientadas a apoiar o emprendemento.

Pont-Up Store está aberto ao público en xeral, reunindo a miles de persoas (emprendedores, profesionais, estudantes, inversores, institucións, empresas, patrocinadores e medios de comunicación) que participarán nun extenso programa de charlas, mesas redondas, obradoiros, networkings,… Conta co patrocinio do Concello de Pontevedra, Universidade de Vigo, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Zona Franca de Vigo e Abanca entre outros..

A maiores das actividades que se desenvolverán para a cidadanía en xeral, Pont-up Store ofrecelle á posibilidade ás empresas recentemente creadas de promover a súa marca, buscar financiamento externo, posibilitar a venda dos seus productos ou servizos en stands gratuítos, contrastar ideas de mellora ou contar cun espazo de networking, a través de 3 modalidades de participación.

QUEN PODE PARTICIPAR NAS ACCIÓNS GRATUÍTAS DE PROMOCIÓN?

Os emprendementos (empresas) de menos de 3 anos e medio de antigüidade de calquera sector e actividade. O proxecto debe estar en activo, ofrecendo algún produto ou servizo no mercado.

QUE SERVIZOS SE PODEN SOLICITAR EN PONT-UP STORE?

Os emprendementos que cumpran os requisitos anteriores, poderán pedir a súa participación nalgunha das seguintes iniciativas:

Solicitar un stand sen custe durante dous días para dar a coñecer o seu proxecto e/ou vender os seus produtos ou servizos.

Formar parte do programa de actividades. As empresas poderán realizar algunha actividade demostrativa, propoñendo unha actividade relacionada coa súa empresa ou presentando o produto/servizo que ofrecen de forma dinámica. Neste caso, será a empresa participante a que propoña a actividade e leve os materiais necesarios.

Participar no Pont-Up Venture, na que as startups máis innovadoras poderán presentar os seus proxectos/empresa ante mentores e inversores en 3 minutos de pitch + 3 minutos de preguntas do xurado.

SELECCIÓN DE CANDIDATURAS

A Xunta Directiva da Asociación Pont-UpStore será a encargada de realizar a selección de emprendementos, aplicando os seguintes criterios de valoración en relación ao grado de creatividade, innovación e potencial de crecemento e impacto económico e/ou social do proxecto.

Tamén terase en conta positivamente:

A presentación de actividades demostrativas de calidade.

O envío de material adicional na candidatura que permita avaliar en máis detalle a candidatura.

Para a participación no Pont-Up Venture, seleccionaranse un máximo de 6 proxectos baseándose en criterios como:

  • Orixinalidade, innovación e creatividade do proxecto.
  • Valor social do proxecto.
  • Sostibilidade.
  • Claridade e concreción.
  • Potencial impacto económico ou social.
  • Capacidade de desenvolvemento futuro.

En todos os casos, aplicaranse criterios que garantan a diversidade de participantes en canto produtos/servizos, sector de actividade e forma xurídica da empresa.

Daráselle prioridade solicitudes que non participasen en anteriores ediciones do evento na misma modalidade.

A decisión do Comité Organizador farase pública o 23 de xullo de 2025.

Participa cumprimentando o formulario que podes encontrar nesta ligazón.

PRAZO PARA INSCRIBIRSE

Ata o 4 de xullo de 2025.

DATAS DO EVENTO

Días 19 e 20 de setembro, de 11 h. a 21 h.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *