AXUDAS PARA A POSTA EN MARCHA DE CASAS DO MAIOR 2025-2026

Convocadas subvencións dirixidas a persoas autónomas e cooperativas de traballo asociado para a posta en marcha de Casas do Maior, destinadas a atender persoas maiores de 60 anos, en situación de dependencia de grao I ou sen dependencia, en concellos rurais.

A Xunta de Galicia publica esta orde de convocatoria que ten como obxectivo a posta en marcha de casas do maior destinadas á atención de mulleres e homes maiores de 60 anos de idade en situación de dependencia e sen dependencia, coa que se pretende contribuír e mellora a calidade de vida das persoas maiores en contornas rurais. O obxectivo é fomentar a atención próxima e personalizada no rural, especialmente en concellos de menos de 5.600 habitantes sen centros de día en funcionamento.

Beneficiarios  

Persoas físicas que se establezan como empresarios autónomos ou que constitúan cooperativas de traballo asociado como promotoras dunha casa do maior, e que teñan (ou conten cunha persoa socia que a teña) titulación, formación ou experiencia relacionada co ámbito sociosanitario.

Ademais, deberán reunir os seguintes requisitos adicionais:

– Vivir (ou ter vivido nos últimos 5 anos) nun concello galego de menos de 5.600 habitantes sen recurso de atención diúrna que non dispoña de recursos de atención diúrna a persoas maiores, e no que se promova o establecemento da casa do maior.

– Contar cun inmoble en condicións de accesibilidade nese concello, que cumpra requisitos técnicos e normativos (auga, calefacción, ventilación, zonas habilitadas para comedor, hixiene, descanso, …)

– Acreditar unha revisión médica anual da persoa promotora ou da/das persoa/as socia/s que desenvolvan o proxecto, no caso de cooperativa de traballo asociado.

– Dispoñer dun certificado de manipulador de alimentos.

– Manter a casa do maior en funcionamento durante un mínimo de 5 anos desde a posta en marcha.

Respecto das cooperativas de traballo asociado, de non estar constituídas no momento de presentación da solicitude, deberán ter iniciados os trámites para a súa constitución con anterioridade á súa presentación.

Actividades subvencionables

  • Serán subvencionables os gastos para a prestación da atención individualizada dos maiores de 60 anos, en situación de dependencia grao I, e das persoas sen dependencia.
  • Os  gastos destinados á adaptación e/ou obras de reforma do inmoble destinado á casa do maior.
  • O Equipamento e dotación material necesario. O mobiliario, electrodomésticos e materiais didácticos poderán ser de segunda man, sempre que estean en perfecto estado de uso e conste unha declaración de quen os vende sobre a orixe dos bens e sobre que estes non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria, e que o prezo non sexa superior ao valor de mercado e ao custo dos bens novos similares; acreditaranse estes requisitos do prezo mediante certificación de taxación independente.
  • Gastos periciais para a realización do proxecto, se están directamente relacionados coa actividade e son indispensables

Todos os gastos deben estar pagados con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido para o ano 2025.

Non serán subvencionables os xuros bancarios, recargas e sancións, gastos xudiciais, impostos recuperables ou compensables, taxas municipais nin impostos sobre a renda.

Contía das axudas

  • Axuda para investimento: A axuda para gastos de investimento, consistirá nunha subvención do  100 % dos gastos de investimento, cun límitee máximo de 15.000 € por cada casa do maior.
  • Axuda para o funcionamento: consistirá nunha achega económica que para o ano 2025 será dun máximo de 1.033 € (correspondente á segunda quincena de decembro) e para o ano  2026 será dun máximo de 24.800 €, minorándose en proporción aos meses efectivos de funcionamento.
  • Axuda adicional polo desprazamento (no caso de que a casa do maior optase por asumir o desprazamento das persoas usuarias): 10 € por persoa e día.
  • Complemento por maternidade/paternidade: nos casos de baixa por maternidade ou permiso de paternidade da persoa encargada do desenvolvemento da actividade aboarase un complemento da prima de 150 € semanais durante o tempo que dure o permiso de maternidade ou paternidade.

Prazo  de presentación de solicitudes:

Dende o 24 de xuño de 2025 ata o  23 de xullo 2025.

Máis información

Consulta a ORDE do 6 de xuño de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2025 e 2026, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS212A).

Acceder ao procedemento de tramitación: código de procedemento BS212A

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Este resumo ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *