Etiqueta autónomo

PROGRAMA CIBERSEGURIDADE 2022

A convocatoria ten por obxecto promover a participación das empresas (micro, pequenas e medianas) e as persoas rexistradas no RETA da demarcación cameral da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa no Programa Ciberseguridade 2022 de cara a impulsar o uso seguro e fiable do ciberespazo, protexendo os dereitos e as liberdades dos cidadáns e promovendo o progreso socio económico
Continuar leyendoPROGRAMA CIBERSEGURIDADE 2022

APOIO AO PECHE DO LECER NOCTURNO

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras de concesión de subvencións para minimizar o impacto económico e apoiar o mantemento do emprego nos establecementos de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia que permaneceron pechados desde as 0.00 horas do día 31 de decembro de 2021 ata as 3.00 horas do día de 3 xaneiro de 2022.
Continuar leyendoAPOIO AO PECHE DO LECER NOCTURNO

AXUDAS PARA AUTÓNOMOS E PERSOAL DE APOIO

O obxecto é establecer as bases reguladoras das subvencións destinadas a sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas máis representativas de Galicia de persoas traballadoras autónomas, así como sufragar a contratación dunha persoa técnica para a realización de funcións de asesoría e apoio directo ás persoas autónomas para a mellora da súa competitividade.
Continuar leyendoAXUDAS PARA AUTÓNOMOS E PERSOAL DE APOIO

PLAN GALICIA EMPREGA

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras polas cales se rexerán as axudas que favorezan a contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria e especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral establecidas pola Consellería de Emprego e Igualdade, coa finalidade de seguir paliando os prexuízos derivados dos efectos da COVID-19 sobre o mercado de traballo.
Continuar leyendoPLAN GALICIA EMPREGA

AXUDAS A AUTÓNOMOS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria das subvencións establecidas pola Consellería de Emprego e Igualdade para o ano 2022 coa finalidade de promover a consolidación do emprego autónomo mediante incentivos para a contratación e á formación de persoas desempregadas realizadas polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio fiscal en Galicia. (Procedemento TR349F)
Continuar leyendoAXUDAS A AUTÓNOMOS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS