BENEFICIARIOS
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas e entidades, físicas e xurídicas (persoas autónomas, microempresas e pemes), con domicilio fiscal en Galicia que desenvolvan a actividade económica dun establecemento de lecer nocturno e que se acolleron ao peche opcional desde as 0.00 horas do día 31 de decembro de 2021 ata as 3.00 horas do día de 3 xaneiro de 2022, nos termos establecidos na orde da Conselleria de Sanidade do 29 de decembro de 2021.
- REQUISITOS
- Ter domicilio fiscal en Galicia.
- Atoparse de alta na actividade económica como mínimo desde o 1 de novembro de 2021 e, no caso de persoas autónomas, estar de alta non RETA desde a mesma data.
- O establecemento de lecer nocturno debeu permanecer pechado desde as 0.00 horas do día 31 de decembro de 2021 ata as 3.00 horas do día 3 de xaneiro de 2022 e non ter adiantado ou atrasado a outras datas as festas ou eventos, nos termos recollidos na Orde da Consellería de Sanidade do 29 de decembro de 2021.
- Realizar a comunicación previa conforme o previsto no punto sétimo da Orde da Consellería de Sanidade do 29 de decembro de 2021.
- Non atoparse en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursa en ningunha delas realizarase mediante declaración responsable da persoa interesada.
- Non tratarse de empresas ou autónomos que estivesen en crise en 31 de decembro de 2019.
IMPORTE DAS AXUDAS
O importe da axuda determinarase por establecemento de lecer nocturno e en función dos metros cadrados do local conforme a seguinte escala:
- Establecemento de lecer nocturno de menos de 100 metros cadrados: 2.500 €.
- Establecemento de lecer nocturno de máis de 100 e ata 250 metros cadrados: 5.500 €.
- Establecemento de lecer nocturno de máis de 250 e ata 500 metros cadrados: 9.000 €.
- Establecemento de lecer nocturno de máis de 500 e ata 700 metros cadrados: 14.000 €.
- Establecemento de lecer nocturno de máis de 700 e ata 2.000 metros cadrados: 27.000 €.
- Establecemento de lecer nocturno de máis de 2.000 metros cadrados: 45.000 €.
- O período de referencia para as axudas reguladas nesta orde será desde o 30 de decembro de 2021 ata o 30 de xuño de 2022.
PRAZO
O prazo para presentación de solicitudes remata o día 15 de marzo de 2022.
MÁIS INFORMACIÓN
Para máis informaciñon podes consultar as bases na ORDE do 14 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de apoio ao peche do lecer nocturno, financiado con fondos REACT‑UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 ou na Sede Electrónica da Xunta (TR750A)