PROGRAMA CIBERSEGURIDADE 2022

A convocatoria ten por obxecto promover a participación das empresas (micro, pequenas e medianas) e as persoas rexistradas no RETA da demarcación cameral da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa no Programa Ciberseguridade 2022 de cara a impulsar o uso seguro e fiable do ciberespazo, protexendo os dereitos e as liberdades dos cidadáns e promovendo o progreso socio económico

BENEFICIARIOS

Serán beneficiarios deste programa as pemes, micropemes e persoas rexistradas no RETA da demarcación territorial da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, que se atopen dadas de alta no Censo do IAE.

REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS

  • Ser unha Peme
  •  Estar dada de alta no Censo IAE, quedan exceptuadas aquelas empresas que operen nos sectores da pesca, a acuicultura, o carbón e a produción primaria dos produtos agrícolas.
  • Non atoparse incursa en ningunha das prohibicións incluidas la Lei deSubvencións, ou normativa aplicable na materia propia da Comunidade Autónoma correspondente.
  • Ter o seu domicilio social e/ou centro produtivo nalgún dos municipios da demarcación da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

No caso de que unha empresa posúa varias sedes, centros produtivos, delegacións, sucursais, etc. o centro destinatario e directamente beneficiario ha de estar situado nalgún dos municipios anteriormente citados.

  • Estar ao corrente das obrigacións tributarias e fronte á Seguridade Social.
  • Cumprir a norma de  minimis (a axuda total de  minimis concedida a unha única empresa non será superior a 200.000 euros ou 100.000 euros no caso das empresas que operenno sector transporte por estrada, durante calquera período de tres exercicios fiscais).
  • Non resultar beneficiaria da Fase II do programa en anteriores anualidades, con posterioridade ao 31/12/2015.
  •  Poderán optar directamente á Fase II aquelas Pemes e autónomos que:
    • Xustificasen documentalmente a súa participación previa na Fase I do Programa, na presente convocatoria ou dentro da anualidade anterior á mesma e que non fosen beneficiarias da Fase II); ou
    • Acrediten participar no último ano nun programa similar de Asesoramento en materia de ciberseguridade nas pemes, de organismos de Promoción das TIC das Comunidades Autónomas, de organismos públicos rexionais ou locais ou de Cámaras de Comercio, sempre quecumpran os requisitos indicados na convocatoria.
  • Cumprir cos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, confidencialidade, igualdade e non discriminación.
  •  Cumprir a totalidade dos requisitos esixidos na presente convocatoria.

GASTO SUBVENCIONABLE E CONTÍA

A contía máxima da axuda para percibir por cada empresa beneficiaria será de 3.200,00€.

Poderán subvencionarse os gastos asociados á execución do Plan polos asesores ou provedores libremente seleccionados pola empresa beneficiaria., sempre e cando se computen con posterioridade á presentación da solicitude de subvención.

Os servizos dos que se dispoñe a empresa para a implatación da seguridade son os seguintes:

  • Fase I – Diagnóstico Asistido en Ciberseguridad.
  • Fase II – Seguimiento de la Implantación.

PRAZO

O prazo de presentación abre as 9:00 do 21 de febreiro e pecha as 14:00 do 28 de febreiro de 2022.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información, podes clicar na seguinte ligazón

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *