ENTIDADES BENEFICIARIAS
Poderán ser beneficiarias das subvencións as entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial cuxo ámbito de actuación comprenda todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e non sexa superior ao da Comunidade Autónoma.
Non poderán solicitar as subvencións reguladas neste programa aquelas entidades que formen parte de confederacións, federacións e unión de asociacións que, igualmente, presentasen unha solicitude de axudas ao abeiro deste programa.
Os requisitos que deben cumprir as entidades beneficiarias son:
- Ter personalidade xurídica propia e independente.
- Estar inscritas no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia na data de publicación da orde.
- Desenvolver a súa actividade exclusivamente no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ter o seu domicilio social e a sede na Comunidade Autónoma de Galicia.
Liña 1. Subvención as entidades asociativas para o seu funcionamento.
GASTOS SUBVENCIONABLES
Serán subvencionables os gastos que realizados no período comprendido entre o 1 de novembro de 2021 e o 31 de outubro de 2022. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
Consideraranse gastos subvencionables os seguintes gastos xerais:
- Gastos de persoal. Neste concepto só se terán en conta o salario base e as cotizacións sociais, incluídas as pagas extraordinarias.
- Arrendamentos de locais.
- Servizos profesionais independentes.
- Primas de seguros.
- Publicidade e propaganda.
- Material de oficina, fotocopias e imprenta.
- Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas, de auga, de limpeza dos locais e aloxamento e mantemento da web.
- Cotas de subscrición a publicacións e inscrición en actividades e pola pertenza a outras organizacións autonómicas ou estatais.
- Gastos de organización ou participación en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante, incluídos os gastos de desprazamento e manutención. A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención, por participar nestas actividades, non poderá superar o 50 % do seu custo.
- Gastos ocasionados pola elaboración de estudos e publicacións, pola realización de actividades de formación en Galicia ou pola implantación de proxectos ou programas de promoción do emprego autónomo en Galicia, en particular o programa de remuda xeracional dos negocios dos autónomos, incluídos, neste suposto, os gastos de desprazamento e manutención. A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención por participar nestas actividades non poderá superar o 50 % do seu custo.
- Gastos de arrendamento financeiro sen opción de compra (renting).
CONTÍA
- Poderase subvencionar ata o 90 % dos gastos subvencionables definidos antes. O 10 % restante será por conta da entidade beneficiaria.A contía máxima da subvención non poderá exceder a cantidade de 65.000 €.Para a determinación das contías individualizadas das subvencións, unha vez ordenadas as solicitudes de maior a menor puntuación, iranse adxudicando ata esgotar o crédito dispoñible, de acordo cos seguintes criterios de gradación:
- A solicitude que obtivese a maior puntuación adxudicaráselle a contía máxima da subvención.
- Para o resto de solicitudes, adxudicarase unha contía en proporción á súa puntuación e á da solicitude que obtivese a maior puntuación.
Liña 2. Subvención para a contratación laboral dunha persoa que realice funcións de asesoría e apoio ás persoas autónomas integradas nas entidades asociativas.
GASTOS SUBVENCIONABLES
Asesorar e apoiar de maneira directa as persoas autónomas integradas nas entidades asociativas, será subvencionable a contratación dunha persoa técnica para a realización desas funcións, durante un período máximo dun ano no período comprendido entre o 1 de novembro de 2021 e o 31 de outubro de 2022.
CONTÍA
A contía da subvención será, para efectos salariais, a equivalente á necesaria para sufragar os custos salariais totais, ata un máximo de 12 mensualidades, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos na mesma cantidade que a fixada para o salario segundo o convenio colectivo vixente no momento de formular a solicitude da persoa que se vai contratar, na mesma cantidade que a fixada para o salario, segundo convenio colectivo ou normativa laboral aplicable vixente no momento de formular a solicitude, e acorde coa súa categoría profesional.A contía máxima da subvención non poderá exceder a cantidade de 32.108,92 € para contratos de xornada a tempo completo e duración dun ano de período subvencionable.O importe da subvención por cada contratación reducirase proporcionalmente en función da xornada realizada, cando os contratos se concerten a tempo parcial. No caso de xornada a tempo parcial, esta non pode ser inferior ao 50 %.Para os efectos desta subvención, non se consideran custos salariais subvencionables o importe da indemnización, así como os incentivos e gratificacións extrasalariais que non formen parte da base de cotización.No suposto da extinción da relación laboral dalgunha persoa traballadora pola que se concedeu esta subvención da liña 2, a entidade estará obrigada a cubrir a vacante con unha nova contratación ata cumprir a obriga do ano de contratación subvencionada.Exclúense desta liña 2 as relacións laborais de carácter especial. Tamén se exclúen os contratos realizados co cónxuxe, os ascendentes, os descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, dos membros do órgano directivo da asociación.
SUBCONTRATACIÓN
Autorízase a subcontratación con terceiros ata unha porcentaxe máxima do 80 % do custo total para os gastos de organización ou participación en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante, incluídos os gastos de desprazamento e manutención, así como gastos ocasionados pola elaboración de estudos e publicacións, pola realización de actividades de formación en Galicia ou pola implantación de proxectos ou programas de promoción do emprego autónomo en Galicia, en particular o programa de remuda xeracional dos negocios dos autónomos, incluídos, neste suposto, os gastos de desprazamento e manutención.
No suposto de que a subcontratación se realice con persoas ou entidades vinculadas coa entidade beneficiaria da subvención, será necesario que á solicitude de subvención se xunte unha petición de autorización ao órgano concedente. En ningún caso o importe da actividade subcontratada con persoas ou entidades vinculadas poderá superar o 70 % do importe da actividade subvencionada e o importe por persoa ou entidade vinculada non poderá ser superior ao 50 % do custo total da actividade subvencionada.
PRAZO PARA AMBAS LIÑAS
O prazo de presentación de solicitudes remata o 2 de marzo de 2022.
MÁIS INFORMACIÓN
Para máis información podes consultar a ORDE do 11 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas e a contratación de persoal de apoio, e se convocan para o ano 2022 ou na Sede Electrónica de Xunta (TR358A).