TICKET INNOVA 2025

Se estás pensando en darlle un toque innovador ao teu negocio, o Ticket Innova 2025 é o que necesitas! É unha axuda do Igape deseñada especialmente para as pemes de Galicia, co obxectivo de fomentar a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico. Con esta subvención, poderás financiar servizos técnicos especializados para levar as túas ideas máis lonxe. Non perdas a oportunidade de transformar o teu negocio e facelo destacar!

Esta convocatoria establece a concesión directa de axudas dirixidas  a mellorar a competitividade das empresas, promovendo a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico nas pequenas e medianas empresas (PEME) galegas, especialmente nos sectores tradicionais pouco intensivos en innovación. Para este fin, incentivarase a colaboración activa entre as pemes, os centros tecnolóxicos e as empresa espcializadas na prestación de servizos de apoio á innovación empresarial.

BENEFICIARIOS

Pequenas e medianas empresas galegas, con especial atención (prioridade) ás que non son tecnolóxicas e pertencen a sectores tradicionais.

Requisitos adicionais:

  • Ser considerada peme segundo a normativa da UE.
  • Ter domicilio social ou polo menos un centro de traballo en Galicia.
  • Cumprir coas obrigas tributarias e laborais
  • Non prestar servizos similares
  • Non estar suxeito a ningunha orde de recuperación de axudas previas da Comisión Europea.
  • Cumprir a lexislación sobre pagamentos a provedores
  • Non superar o límite de axuda de minimis
  • Presentar en tempo e forma a documentación requirida
  • En canto á xustificación dos gastos, garantir que todos os gastos sexan válidos e xustificados adecuadamente no prazo establecido.

ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES

Serán subvencionables os gastos de contratación de servizos externos especializados de xestión e implantación da innovación e desenvolvemento tecnolóxico realizados desde o 1 de xaneiro de 2025 ata a data de solicitude da axuda. Os servizos deberán ser prestados por empresas de consultoría especializadas e centros tecnolóxicos galegos

En ningún caso os gastos subvencionables poderán ser superiores ao valor de mercado.

Existen 6 modalidades de tíckets Innova:

  • Estratexia e xestión da innovación.
  • Deseño para a innovación.
  • Xestión da protección do coñecemento da innovación.
  • Certificacións para as deducións fiscais en I+D+i.
  • Preparación de propostas a programas e axudas europeas.
  • Deseño de novos procesos ou servizos baseados en tecnoloxías dixitais emerxentes.

Gastos excluídos:

Non se subvencionan as actuacións ou actividades habituais da empresa nin a modificación ou adaptación de procesos produtivos, produtos ou servizos existentes que non supoñan unha innovación. En particular, exclúense expresamente as actividades destinadas:

  • Ao cumprimento de normativa obrigatoria.
  • Ás análises, ensaios ou caracterizacións habituais ou recorrentes non vinculados ao proxecto subvencionable.
  • Á fabricación ou produción de prototipos.
  • Á implantación de certificados de calidade, ambiente, boas prácticas ou similares.
  • Á análise, ensaios ou caracterizacións habituais ou recorrentes.
  • A calquera tipo de acción formativa.
  • A accións de implantación de solucións dixitais na empresa que non supoñan innovacións en servizos, procesos e organización como melloras de aplicacións ou software xa existente ou a súa adaptación, os desenvolvementos ofimáticos e ferramentas de oficina virtual, financeiros ou contables, e calquera outra aplicación asimilable ás anteditas.
  • A servizos de telecomunicacións ou de almacenamento ou hospedaxe da información.
  • A arrendamento de equipos (hardware), redes ou sistemas físicos de tecnoloxías.

CONTÍAS DE AXUDA

O nivel mínimo de investimento que debe realizar a peme para optar á axuda é de 10.000 €, sendo o máximo de 60.000 €. Sobre este importe, a porcentaxe de axuda é dun 80 % dos gastos subvencionables, cun máximo de 48.000 euros por proxecto.

PRAZO SUSPENDIDO

Por incidencias técnicas da nova plataforma tecnolóxica do IGAPE, queda anulado o prazo de presentación. Mantémonos pendentes dos novos prazos no DOG.

MÁIS INFORMACIÓN

Consulta a RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2024 pola que se da publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a mellora da capacidade de innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas en Galicia, a través da aplicación de servizos de innovación, programa Tícket Innova para o ano 2025, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento (IG408K).

Acceder ao procedemento de tramitación:

CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: IG408K

Infografía

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *