BENEFICIARIOS
As persoas físicas (empresas ou empresarios autónomos) con residencia habitual no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Non poderán ter a condición de beneficiaria:
Os concesionarios ou puntos de venda cuxa epígrafe da sección primeira das tarifas do imposto sobre actividades económicas sexa a 615.1 ou 654.1.
ACCIÓNS SUBVENCIONABLES
Será subvencionable a adquisición de vehículos novos cun custo inferior ou igual a 42.000 € (impostos incluídos), distinguíndose as seguintes categorías:
CONTÍA DAS AXUDAS
(*)A segunda cantidade é exclusiva para solicitantes que formen parte dunha familia numerosa, para os cales a axuda do Inega se incrementa un 20 %.
O aforro por vehículo do Plan Renova o teu vehículo corresponderá unha parte á axuda pública e outra a un desconto antes de impostos asumido polo fabricante/importador ou punto de venda. En ningún caso a contía da axuda poderá ser superior ao custo da actuación que se define como o custo do vehículo sen incluír a axuda pública.
As empresas beneficiarias doutras axudas baixo o réxime de minimis.
SUPOSTOS EXCLUÍDOS
Incompatible con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.
PRAZO
O prazo rematará o 30 de setembro de 2024.
MAIS INFORMACIÓN
RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan Renova o teu vehículo, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria, mediante tramitación anticipada, para a anualidade 2024.
CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: IN421U
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.